A horta dos meus pais

Moi traballador
A horta dos meus pais, é un referente moi importante no meu traballo. Son os meus pais, chámanse Pepe e Marilú, así é como os coñece toda a xente. Traballaron sempre no campo. Medramos miña irmá e máis eu nesta horta, tiñamos que axudar aos meus pais, eles no no podían facelo todo. Creo quiste ambiente, influínos tanto a miña irmá como a min, as dúas temos a nosas hortas e somos felices nelas.
Para o meu pai, a súa horta, os viñedos e os animais son a súa vida. Leva toda a vida traballando no campo. O 29 de decembro de 2.016 cumpre 87 anos. Esta horta é a alegría de todos. Cando vou a pe deles, primeiro vou xunto eles e logo vou ver a horta. Miña nai axudoulle sempre moito. No ano 2.014 enfermou e agora non pode traballar, pero desfruta moito vendo a horta plantada e recollendo os froitos. Cando hai un traballo forte, imos o resto da familia a botar unha man. Meu pai é moi esixente co que fai, gústalle o traballo ben feito, e a súa maneira. Agora axudámoslle a plantar case todo, pois xa lle costa abaixarse. Eu as veces quedo pasmada a vontade que ten para facer os traballos, o coidadoso que é, a súa horta parece un xardín cheo de hortalizas. Meus pais desfrutan moito na súa horta!
Plantaban de todo na horta, e en abundancia. Despois compartían ca familia e amigos. Agora plantase para cubrir as necesidades da casa e para que estean entretidos. Eles están afeitos a ter de todo na horta e mentres poidamos votarlle unha man, o faremos!