Acelga

Acelga, é a curmá da remolacha.

Acelga, é a curmá da remolacha.

Acelga, pertence a familia das Quenopodáceas. Planta bianual, moi parecida nas súas follas e flores á remolacha, as súas necesidades e cultivo son moi similares. Distinguise da remolacha polo desarrollo das follas e que algunhas variedades teñen pencas anchas e carnosas. Marco de plantación: 30 x 40 cm.

Propiedades: Son diuréticas, laxantes e refrescantes: Posúen vitaminas A, B1, B2, C e K, tamén conteñen algo de ferro.

Clima: é resistente e adaptase ben a calquera clima. Aínda que non soporta ben a seca prolongada e sofre cas xeadas.

Solo: prefire os solos arcillo- silíceos, aínda que se adapta ben a calquera solo, sempre que sexa fresco, esponxoso en profundidade e rico en humus.

Fertilización: non é unha planta moi esixente, pero convén cultivala en solo ben fertilizado. Soporta ben o esterco ou compost frescos pero mellor que estean ben descompostos. Convén botarlle compost maduro, despois de cada colleita, xa que o seu ciclo pode durar varios meses. Canto máis fertilizadas estean máis grandes serán as follas.

Rego: Gústalle unha constante humidade en todas as fases do seu cultivo, polo que o rego por goteo e os acolchados vanlle ben.

Sementeira: mellor evitar as épocas frías, pois cando pasan frío na súa primeira fase de desarrollo, espigan rapidamente. Realizaremos sementeiros e cando as plantas teñan seis ou sete follas faremos o transplante. Debe sementarse e transplantarse en lúa minguante.

Colleita: pódense ir cortando as follas exteriores, ou ben cortar a planta enteira a uns 2 – 3 cm do solo, o que orixinará a aparición de novas follas. Si temos moitas e non imos consumilas é bo quitalas e podemos deixalas de acolchado. Florecen ao segundo ano do cultivo. Polo que teremos acelgas durante moito tempo.

Pragas e enfermidades: Ao necesitar humidade constante é un bo hábitat para babosas e caracois. O exceso de humidade causa podre en follas e tallos. Aparición de rolla e outras enfermidades criptogámicas. Pódelle atacar o pulgón.

Rotacións: débese deixar de cultivar no mesmo tallón entre dous e catro anos.

Asociación: con xudías de mata baixa, cenorias, nabos, ravos etc.

Comenta grazas: