Allos

Na cociña non poden faltar.

Na horta galega os allos non poden faltar. 

Semento os allos na horta galega nos meses de febreiro a abril. Os allos pertencen a familia das liliáceas. A súa raíz bulbosa chamada cabeza de allo, está formada por oito ou dez dentes de allo reunidos por unha delgada película de cor branco ou rosado. O tallo é oco e na extremidade deste tallo fórmanse as flores.

Clima e terreo: os climas temperados son os máis favorables para un bo desenvolvemento e produción. A humidade continuada podrece os bulbos, os cambios bruscos de temperatura danan moito a planta.

Cultivo: utilizamos os dentes que forman a cabeza de allo, fago un regos pouco profundos e neles planto os allos separados de 10 a 12 cm entre dente e dente ca punta cara a arriba. Cando as plantas están crecidas e o bulbo case formado, empezando a amarelar un pouco o pe do tallo, retorcese e anóanse para que a savía se reconcentre no bulbo e medre. Si o cultivo emite tallo floral ou “pitón” varias semanas antes de facer a colleita, temos que suprimilo antes que endureza, arrancándoo a man pola base.

Fertilización: non lle gusta o esterco fresco. Débense sementar en parcelas que estean fertilizadas con anterioridade.

Rego: Moderado o nulo si chove durante o seu ciclo de cultivo.

Rotacións: O allo non é moi esixente nin esgota o chan, pero, para evitar problemas de parasitos, convén non plantalos máis de dous anos no mesmo lugar.

Asociacións: unha asociación recomendable é sementalos entre as fresas, xa que estimula o seu desenvolvemento e as protexe de parasitos indesexables. Outras asociacións favorables cas remolachas vermellas, patacas, leitugas, e tomates; Debe evitarse a proximidade de leguminosas como xudías, chícharos, lentellas ou fabas.

Na horta galega os allos están intercalados nos cultivos, debido as súas propiedades insecticidas son un bo repelente de pragas.

Colleita: no mes de xuño, cando os tallos e as follas se secan, mellor en días secos e despexados. Cando xa están recollidos poñémolos o sol, nun sitio ventilado para que se sequen ben, xa que si teñen humidade é prexudicial para a súa conservación. Xa ben secos, podemos formar uns trenzados chamados restras, colgalos ou poñelos en caixas, que é o que eu fago, nun local seco e ventilado tendo coidado que non collan humidade.

Propiedades: axuda a reducir o colesterol, mellora os problemas cardiovasculares como a tensión alta e reduce os niveis de azucre na sangue. Ten propiedades antibióticas, antisépticas, dixestivas, expectorantes, etc. Contén vitaminas A, B, C, E e minerais como o cobalto, manganeso, sílice e iodo.

Refráns:

  1. Si queres ter un bo alleiro planta os allos no Nadal.
  2. Van pasando os días de xaneiro perde allos o alleiro. Debemos evitar plantar allos este mes.
  3. Por San Brais (Blas) os teu allos plantarás.
  4. Por San Brais (Blas) planta allos e comerás.
  5. Por San Pedro saca o allo e planta o porro.

Na cociña non pode faltar, quizais sexa o número un, polos seus múltiples usos. Receitas como: o bacallau ao pil-pil, o alioli, a fabada, a sopa de allo, no adobo de carnes e pescados, o polo ao ajillo, etc. Que sería destes pratos sino allo.

 

Comenta grazas: