Amorodos de horta galega

Amorodos.

Amorodos de horta galega.

En horta galega os amorodos non poden faltar. Amorodo nome común dunha planta herbácea de porte baixo da familia das Rosáceas. Os máis saborosos son os que medran de maneira silvestre nos bosques. Do silvestre saíron todas as variedades de amorodos que coñecemos na actualidade. O silvestre é máis pequeno, saboroso e aromático que os  cultivados e comercializados.

É unha saborosa froita da que existen máis de mil variedades. Os amorodos son plantas perennes que están todo o ano na nosa horta, aínda que dependendo da estación do ano, necesitaran diferentes coidados. O amorodo cultivase moi ben en calquera tipo de clima, sendo o ideal entre 18ºC e 24ºC.

Solo: areosos e ben fertilizados, con materia orgánica ben descomposta, aireados e ben drenados.

Plantación: a partir de xaneiro, preparamos o bancal, mercamos as plantas e facemos uns buratos separados 30 cm. Onde imos plantando as plantas. O primeiro ano xa me deron fresas, como podedes ver na foto, o segundo ano é cando producen máis, mentres me produzan non cambio a plantación.

Rego: abundante en época de floración, sen encharcar o terreo. Cando aparezan os amorodos, é bo facer un acolchado de palla ou herba seca, para que non estean en contacto coa terra e non podrezan.

Enfermidades: a “roya” ou manchas nas follas, son producidas polo fungo Sparella fragariae, aparecen unhas manchas redondas e purpúreas. Todas as follas enfermas arrancaranse e queimaranse.

O pulgón, atacarase con xabón de potasa.

Propiedades: son ricas en vitamina C, B, E conteñen gran variedade de minerais, ferro, potasio, calcio, zinc, magnesio entre outros.

Asociacións: con allo, ceboliño, espinaca, xudía, leituga, cebola, porro, tomiño.

É unha froita pouco resistente, unha vez recollidos hai que consumilos canto máis pronto mellor. Están moi ricos ao natural recen collidos da planta, con zume de laranxa, con nata, con iogur etc. Tamén empréganse para adornar tortas, facer batidos, marmeladas etc.

 

Comenta grazas: