As sementes

Diferentes sementes

Diferentes sementes.

Produción de sementes “ Producimos as nosas sementes” Para min é moi importante! Xa que deste xeito xa coñecemos a planta, e sabemos si se da ben na nosa horta ou non!

Debemos elixir as mellores plantas, da horta, deixalas florecer e frutificar. Antes que caia a semente, arráncanse as plantas ou córtanse e déixanse ao sol un par de días. Despois sepáranse as sementes a man unha vez limpas, gárdanse en frascos ben identificados, en un lugar seco.

As especies das que se poden producir sementes facilmente son: acelgas, berenxenas, coles, escarola, espinaca, fabas, melón, cogombro, pementos, perexil, sandía, tomate, cabaza, leituga.

As sementes de melón, sandía, cabaza, sácanse ao consumir os froitos. En cambio, para obter sementes de fabas, xudías, tomates, pementos, débense deixar madurar os froitos na planta.

Comenta grazas: