Asociación de plantas

Asociación de cultivos

Asociación de cultivos

Asociar cultivos é unha técnica moi recomendable para poñer en práctica na nosa horta, por distintas razóns:

  • Imos ter menos insectos daniños.
  • Mellora os nutrientes do noso solo beneficiándose deste xeito os nosos cultivos.
  • Aparecen insectos beneficiosos como os exterminadores de pragas e polinizadores.

Coñecese como cultivo asociado, ou cultivos intercalados, ao manexo de varios cultivos no mesmo bancal, intercalados entre si. Este manexo basease nos principios de intercambios positivos e negativos que teñen tódolos seres vivos.

As plantas modifican o seu entorno debido as secrecións das súas raíces por este motivo poden intervir no crecemento das plantas veciñas. Este fenómeno foi observado e utilizado desde a antigüidade polos chinos e os indios de América do Sur. Organizar a horta asociando plantas compañeiras será un factor que nos axudará a hora de obter mellores resultados, quero facer algunhas indicacións a este respecto. Estas influencias pódense experimentar máis ou menos fortes segundo o tipo de solo.

Hortalizas

Asociacións favorables

Asociación desfavorables

Allos e cebolas remolacha, fresa, allo porro, leituga, tomate, cenorias, perexil xudía, chícharo, col
Acelga apio, leituga, cebola espárragos, allo porro, tomate
Apio remolacha, col, allo porro, cucurbitáceas, xudía, acelga, chícharo, tomate leituga, millo, perexil
Chícharos cenorias, leituga, millo, pataca allos, cebola, allo porro
Berenxena xudía pataca
Cabaza e cabaciña alfábega, capuchina, millo ravo
Cogombro espárrago, alfábega, apio, col, leituga, millo, xudía, chícharo pataca, ravo, tomate
Col remolacha, xudía, leituga, chícharos, pataca, tomate allo, chicoria, fiúncho, allo porro, cebola, ravo
Espárrago cogombro, perexil, allo porro, chícharo, tomate allo, remolacha, cebola
Espinaca col, fresa, xudía, nabo, ravo remolacha, acelga
Fresa allo, ceboliño, espinaca, xudía, leituga, cebola, allo porro col
Xudía berenxena, cenoria, col, espinaca, fresa, leituga, millo, pataca, nabo, ravo allo, remolacha, cebola, acelga
Leituga remolacha, cenoria, col, cogombro, fresa, cebola, allo porro, chícharo, ravo, nabo xirasol, perexil
Millo cucurbitáceas, xudía, chícharo, tomate remolacha, apio, pataca
Pataca allo, capuchina, apio, col, faba, xudía, chícharo, tomate berenxena, cogombro, cebola, millo
Porro cenoria, espárrago, apio, fresa, leituga, cebola, tomate remolacha, col, perexil, acelga, chícharo
Ravos Cenoria, espinaca, xudía, leituga, chícharo, tomate, apio Col, cabaza
Remolacha Apio, col, leituga, cebola Espárrago, cenoria, xudía, porro, tomate
Tomate allo, alfábega, cenoria, capuchina, cebola, perexil, porro, ravos, millo, pataca remolacha, acelga, chícharo, fiúncho
Cenoria ceboliño, xudía, leituga, cebola, porro, chícharo, tomate, perexil, perifol remolacha, acelga
Ravos cenoria, espinaca, xudía, leituga, chícharo, tomate, allo col, cabaza
Fiúncho apio, porro col, xudía, tomate

Asociacións favorables de plantas na horta:

Asociación precolombina: millo, xudías e cabaza, sementase o millo cando teña unha altura de 20 cm. sementamos as xudías, estas utilizan o millo como soporte para irse enganchando e a cambio segregarán nitróxeno ao millo, si intercalamos algunhas cabazas, para acolchar o solo e protexelo do sol do verán, xa podemos gozar dunha simbiose perfecta.

Asociar plantas tipo folla con plantas de raíz, por exemplo, si plantamos cenorias e leituga, a primeira buscará a profundidade(50 cm.mais ou menos) e o máximo de potasio posible, a leituga solo enraizará hasta 30 cm. na busca do nitróxeno.

Tamén podemos asociar plantas froito/ flor con plantas de folla ou raíz(por exemplo: tomate e alfábega).

Na asociación de tomate e alfábega. Recomendase plantar dúas filas de tomates e sementar alfábega nos dous extremos para protexer os tomates do pulgón. Nesta asociación tamén podemos plantar perexil intercalado para evitar a mosca branca. Outras opcións para completar o bancal son algunhas hortalizas de raíz (allos, cebolas, allo porro)ou de folla(espinaca, escarola, leituga, apio). Podemos poñer unhas sementes de zinias. Quedaranos un bancal que dará gusto velo.

Asociación de hortaliza con diferente velocidade de crecemento para obter maior produtividade por unidade de superficie: sementar tres filas de ravos ou leitugas entre cada dúas filas de cenorias. Podemos plantar algunha flor, como a caléndula.

Asociación de leituga, repolo, allo porro, cebola e menta. A menta protexe ao repolo e a leituga. A cebola e o allo porro fan de control biolóxico.

Asociación de cenoria e allo porro, eficaz para repeler a mosca da cenoria e a do allo porro. Si ademais plantamos tagetes estamos protexendo as plantas de raíces dos nemátodos e nos quedará un bancal moi bonito.

Lin nun blog algo que me gustou moito, xa que eu penso da mesma maneira. ” Os agricultores son xardineiros de alimentos” por iso na horta ten que haber flores e plantas aromáticas. Unha horta con flores e aromáticas e un espazo de puro pracer, un lugar para gozar dos sentidos, para pasear, sentarse e observar. Encántame! facer isto ao atardecer.

Asociación de leituga, repolo, cebola.

Asociación de leituga, repolo, cebola.

Comenta grazas: