Brécol

 

Brecol de horta galega

Brecol de horta galega.

Brécol, pertence a familia Brasicáceas, antes chamadas Crucíferas. Outras variedades da mesma especie son o repolo, a coliflor, e a col de Bruxelas.

Propiedades: contén vitaminas C, E, e fibra alimentaria, é unha hortaliza que contén unha grande cantidade de sulforafano con propiedades ati-canceríxenas e potentes antioxidantes que axudan a combater outras enfermidades.

Cultivo: é esixente en nutrientes, non lle gusta o esterco fresco, gústalle o solo ben fertilizado, sementar a 6 mm de fondo, e xerminará en 5 ou 6 días, nunha zona cálida. En sementeiros un par de meses antes da última xeada, e no exterior a principios do verán, se transplanta cando as plantas acadan os 7- 8 cm soterrándoas un par de centímetros máis do que estaban. Empregaremos un marco de plantación de 40×50 cm.

Situación: pleno sol, séme-sombra ou sombra. Rega moderada, para manter a humidade resulta de axuda unha boa cobertura. Como seu talo é elevado convén aporcalo ben par evitar o efecto do vento.

Non hai que plantalo nin demasiado cedo nin mantelo con temperaturas baixas xa que en ámbolos casos a flor sería moi pequena. Cando a cortemos sairán outras máis pequenas, prolongando a fase produtiva da planta. Cando a flor pórse amarelo é que está demasiado madura.

Rotacións: como son plantas moi consumidoras recomendase alternalas cada catro anos.

Asociacións: salvo con amorodos e xudías vai ben con case todos os cultivos, sendo recomendable non xuntalo con cultivos da mesma familia.

Pódese preparar fervido, ao vapor, a grella, salteado e tamén se pode consumir crúa.

Nota: o brécol e o brócoli son diferentes, aínda que son moi semellantes. O brécol ten un sabor máis intenso e diferenciase do brócoli en que ten brotes de follas que rematan en pequenas flores. O cultivo é similar para ambos. Sempre pensei que eran o mesmo.

Comenta grazas: