Calabacín

Dáse ben e produce moito!
Sempre planto calabacin na horta, e unha planta que se da ben e produce moito.
Gústame sacar a semente do calabacín, póñoa a secar e a gardo nun bote de cristal, nun lugar seco e escuro, para facer a sementeira o ano seguinte.
Este ano fixen a sementeira nunha caixa, na primavera, e cando empezou a quecer o tempo e as plantas xa tiñan un bo tamaño, transplanteinas na horta.
Solo: Adaptase a todo tipo de solos, aínda que prefire os de textura franca, profundos e ben drenados.
É unha planta moi esixente en materia orgánica.
A planta do calabacín ten flor macho e flor femia. A flor femia leva detrás un pequeno calabacín e se poliniza ben a planta formará un bo froito. Si non se fecundan ben todos os carpelos, dará lugar a un calabacín deforme, xa que un dos lados non medrará. Si non hai fecundación, a flor femia co pequeno, secará.
Rego: Frecuente, o chan empapado élle prexudicial.
Pragas e enfermidades: Mosca branca, araña vermella, trips. Oídio ou “cinza” e mildium.
Tiven unha boa produción, que compartín con veciños e amigos.
Os utilizo en cremas, rebozados, en ensalada, etc.