Caléndula propiedades e usos

A caléndula

A caléndula, non pode faltar na horta.

A caléndula, foi a primeira planta medicinal que plantei na horta, agora ao caer as sementes da planta sempre hai caléndula en horta galega. Sempre lle chamei caléndula, agora sei que en galego chámase croxón.
Denominación latina: Caléndula officinalis.
Denominación en castelán: caléndula, maravilla o flamenquilla, flor de difunto, flor de todos los meses etc.

Descrición e hábitat: é unha planta de talos rectos que acada os trinta centímetros de lonxitude. Mostra flores moi vistosas, mestas, de cor amarela alaranxada. Crece nos campos cultivados, nos bordes dos carreiros e é frecuente atopala como planta ornamental en xardíns. Toda a planta recóllese no verán, tras a floración, e sécase nun lugar seco e preservado da luz.

Cultivo:  é pouco esixente respecto ao tipo de solo, aínda que prefire os arxilosos, non necesita un solo rico en materia orgánica. É unha planta de clima temperado pero resiste ben as xeadas e secas. Pode medrar a pleno sol ou en zonas sombreadas.

A caléndula serve de alimento a diversas especies de larvas de lepidópteros. Ten una acción nematicida, polo que é importante intercalala entre os cultivos que teñamos na horta. É moi atacada polos pulgóns.
Uso ornamental: usase como planta ornamental y desde fai séculos utilizase como planta medicinal polas súas cualidades terapéuticas.

Uso alimentario: utilízanse os pétalos da caléndula como colorante substituto do azafrán, non dan moita cor, eu os mesturo cos da flor de cártamo. Na cociña pódense engadir as flores e follas a ensaladas e outros pratos para decorar e aportar cor.

Partes da planta de uso medicinal: as follas, o talo e as flores.
Propiedades medicinais: posúe propiedades antiinflamatorias, antieméticas, antisépticas, antiespasmódicas, emoliente, antibacteriana, fungicida, cicatrizante, antiulcerosa, amenagoga, e contén flavonoides e antioxidantes moi valiosos.
Usos da caléndula: a infusión regula a menstruación, tanto cando o sangrado é abundante como cando é escaso. As follas frescas aplicadas derriba dunha ferida cortan o sangue.

En cortes, chagas, dermatite de contacto, bochas e demais lesións da pel, é moi eficaz mollar a zona afectada cunha infusión, que tamén alivia os hematomas.

A tintura da flor calma as dores musculares dos deportistas, tanto por rotura de fibras como na perda de masa muscular.
Alivia as picaduras de insectos. A infusión de caléndula alivia la conxuntivites. Recomendase para eliminar fungos. E moi boa para manter a pel suave, con elasticidade e hidratada. Axuda na recuperación de gingivitis, laringitis, amigdalitis e llagas na boca.

Dosificación: en trastornos da regra tómase a infusión da planta seca. Os problemas da pel remédianse cunha infusión dunha culler de flor seca por cunca de auga. Ca infusión pódense facer gárgaras para mellorar as afeccións da boca e garganta.

Para a dor muscular aplícanse compresas empapadas en tintura na zona dorida.

Industrialmente, comercialízanse cremas de caléndula pola súa bondade para a pel.

Comenta grazas: