Cando regar a horta

Horta galega

 Utilizo a mangueira, e recollo a auga da choiva para regar.

O momento idóneo para o regar  a horta depende do sistema de rego empregado, da climatoloxía e da estación. A auga ten na maioría dos lugares unha temperatura que ronda os 14-15ºC, polo que podemos usala para modular ou temperar as temperaturas ambientes.

No verán, non é bo regar ao mediodía cando o calor é intenso, xa que podese producir un choque térmico desfavorable para as plantas. Será mellor regar ao amencer e sobre todo ao atardecer, xa que reduciriamos o exceso de calor acumulado no solo e pola noite a auga evaporase menos.

No inverno, podemos regar a calquera hora, aínda que é preferible facelo ao mediodía, evitando o atardecer nas zonas moi frías, xa que podería  xearse a auga que non absorbera a terra e deste xeito causar danos as plantas.

Cando faga fortes ventos evitaremos os sistemas de rego por aspersión, xa que a forte evaporación que se produce  nestas circunstancias enfrearía moito as plantas e a terra.

Nas horas de pleno sol non convén regar por aspersión ou con regadeira o mangueira que mollen as follas, xa que pódense producir queimaduras nelas polo efecto lupa das gotas ou pola drástica evaporación provocada pola calor.

Si temos un sistema de rego por goteo non temos que preocuparnos moito da hora do rego, xa que a temperatura da auga e similar a do solo é raro que se produzan choques térmicos.

Cando algún cultivo padece unha deshidratación excesiva, cousa que vemos polo murcho das follas, a inclinación dos tallos e a caída das flores e froitos, hai que intervir rápido. Sombrearemos as plantas e esperaremos á posta do sol para regalas con aspersión a intervalos regulares e esperando que entre  unha aplicación e outra as follas absorban a auga. Despois regaremos abundantemente.

Esta información está recollida dun curso de agricultura ecolóxica.

Utilizo a mangueira e tamén teño varios bidóns na horta para recoller a auga da choiva, que logo utilizo para regar.

Comenta grazas: