Capuchina

A miña veciña, Alcira regaloume a capuchina.

A miña veciña, Alcira regaloume a capuchina.

A capuchina fai moito que a coñezo, de feito xa a tiven na horta, pero as xeadas acabaron con ela. A miña veciña Alcira tena moi fermosa no xardín e doume unhas plantas.

Nome vulgar: capuchina, taco de reina, mastuerzo o mastrazo de Indias, flor da sangre, llagas de Cristo o de San Francisco.

Familia: Tropaeoláceas.

A capuchina, é unha planta orixinaria do Perú, introducida en Europa no século XVII. É unha planta de tallos gabeadores e rastreiros que se expanden o derredor do centro. As follas son redondeadas. Flores tubulares, cando están abertas teñen forma de trompeta con 5 pétalos. Flores de cores moi variados que van do vermello, laranxa ao amarelo. Florece na primavera tendo flores hasta finais do outono. O froito é unha cápsula.

Clima: gústalle o clima temperado. Non é moi amiga do frío as xeadas son o seu peor inimigo.

Luz: a exposición ao sol fará que a planta medre rapidamente, hai que controlarlle o espazo xa que pode converterse nunha planta invasora. Tamén tolera e medra ben en zonas sombreadas. De feito, é utilizada como protector contra pulgóns para frutais, plantándoas na base do árbore.

Solo e rego: gústalle os solos ricos en nutrientes e ben drenados aínda que se desenvolve sen problemas en solos de menor calidade. O rego moderado será suficiente para que a capuchina medre fermosa na nosa horta ou xardín.

La capuchina é unha planta medicinal antigamente utilizada polas súas propiedades aperitivas, antiescorbúticas, antibióticas, expectorantes etc. Outra propiedade que ten esta planta é previr a caída do cabelo e favorecer o seu crecemento.

Na actualidade está cada vez máis presente na cociña, xa que se trata dunha planta comestible ( follas e flores). Podémola utilizar en ensaladas, mesturada ca leituga, ten un sabor picante e dálle moita cor e un toque distinto aos pratos. Estanse utilizando cada vez máis as flores e pétalos como ingredientes de moitos pratos e ensaladas.

A capuchina contén vitamina C, ten propiedades antioxidantes.

A capuchina é unha planta que nos axuda na horta e no xardín para repeler pragas como o escaravello do cogombro, a mosca branca nos invernadoiros e especialmente contra os pulgóns. Faremos unha infusión con todas as partes aéreas da planta, e co líquido resultante pulverizaremos as nosas plantas.

A capuchina xa forma parte de horta galega, ela nos agasallara ca súa fermosura dando un toque de cor e luz a nosa querida horta!

 

Comenta grazas: