Cártamo

O cártamo en horta galega.

Plantación de cártamo, ou azafrán.

Cártamo, pertence á familia das Compostas. Planta orixinaria da India, na actualidade o seu cultivo está estendido por todo o mundo. Foi coñecida polos exipcios, cando o seu principal uso era para tinguir prendas de roupa. Cártamo, alazor, azafrán silvestre, azafrán bastardo, son algunhas denominacións desta planta, pode medir entre 40 e 100 cm de alto, componse de tallos ríxidos e ramificados, a inflorescencia é un capitulo floral compacto, moi característico desta planta, de forma globular, que mide entre 2 e 4 cm de ancho, o capitulo floral componse de numerosas brácteas duras, que asemellan follas, que protexen e encerran as flores no seu interior. Este capítulo floral conten no seu interior numerosas flores, que asoman a súas corolas de cor amarelo ou laranxa. Os pigmentos atópanse nos estigmas da flor, florecen en pleno verán, no mes de xullo é cando temos que recollelas.

Foi cultivada durante séculos polas súas flores de colores, úsase como colorante e para darlle sabor aos alimentos, tamén utilizase para preparar un colorante téxtil. A molécula de cartamina obtida das flores é a responsable desta propiedade. O aceite de cártamo se extrae das sementes, é similar ao aceite de xirasol. Tamén están a utilizar as plantacións de cártamo para a obtención de biodiesel. As sementes úsanse como alternativa as sementes de xirasol na alimentación das aves, tamén se consumen as sementes de cártamo en xerminados. As flores desecadas úsanse en gastronomía como substituto barato do azafrán, referíndose entón como “azafrán bastardo”. As flores del cártamo atraen moito as abellas, polo que está considerada unha planta melífera.

Sementeira: a fago na primavera, directamente na horta, fanse regos pouco profundos en torno os 5 cm e separados uns 50 cm ou máis, neles imos botando as sementes separadas 10cm, podemos botar máis de unha semente por si fallara, si nacen todas, temos que facer un rareo.

Clima: É unha planta de clima temperado nas súas primeiras fases de desarrollo, a temperatura óptima de xerminación é de 15 a 20ºC as temperaturas posteriores favorecen o desarrollo de tallo e ramas frutíferas.

Solo: adaptase a solos pouco fértiles, os mellores rendementos obtéñense en solos francos, fértiles e permeables.

Rego: moderado, é pouco tolerante ao exceso de auga.

Propiedades: mellora a glucemia, a inflamación e os lípidos sanguíneos en pacientes obesos. O aceite de posúe propiedades laxantes.

Pragas: pulgón negro.

Non sabería dicir os anos que facía que non se plantaba na horta o azafrán, que era como lle chamaba miña sogra, tíñalle un pouco de manía, pois era vir da praia e ter que apañalo. De xeito que decidimos deixar de plantalo. No 2011 nun curso de agricultura ecolóxica, onde compartimos sementes, tiven a oportunidade de facerme ca semente, e de novo estou embarcada, no tema do azafrán! Gústame velo na horta.

Comenta grazas: