Cebola

Tallón de cebola

Tallón de cebola

Cebola, pertence a familia das Liliáceas. Planta orixinaria do Centro e Occidente de Asia. Tallo cilíndrico, espido e oco, terminando aos 0,80 ou 0,90 m nunha bola de flores que poden ser de cor branco ou violáceo. A raíz é bulbosa máis o menos redonda ou aplanada, formada de capas superpostas. Despois que as flores formar o gran, a planta morre. A duración xerminativa das sementes é de dous anos.

Clima e terreo: prefire os climas cálidos e temperados aos fríos. Os climas húmidos son pouco recomendables nos veráns chuviosos os bulbos son algo máis doces pero consérvanse peor. Os mellores terreos son os soltos, ricos en materia orgánica descomposta sans e permeables. Evitaranse os que conteñan estercaduras recentes, os excesivamente compactos e húmidos. No cultivo da cebola deben suprimirse as estercaduras frescas, e tamén o exceso de nitróxeno, pois créanse medios favorables para o desarrollo de enfermidades e os bulbos teñen un sabor acre.

Cultivo: fago os sementeiros, esparexendo a semente a boleo, pásolle o angazo, e cubro o solo cunha delgada capa de esterco peneirado e regase por aspersión, si é necesario. Os grans xerminan en dez ou doce días. Teño que dicir que os sementeiros de cebola, son un pouco difíciles de conseguir as plantas, fágoos na horta ao aire libre, e están sometidos as inclemencias climatolóxicas, que cando son adversas, danan moito as plantas. A partir do mes de novembro, é cando se fan, case sempre teño que facer os sementeiros varias veces.

Cando as plantas teñen de 15 a 20 cm e o groso dun lapis, xa podemos facer o transplante. Antes de arrancar as plantas regaremos o tallón, e arrancaranse con coidado de sacarlle todas as raíces. Faremos uns regos onde imos poñendo as plantas, o marco de plantación 10 x 10 cm. Apertamos un pouco a terra e si é necesario regamos. Manteremos o solo limpo das herbas competidoras, facendo un bo acolchado. Ademais manterá mellor a humidade. As cebolas teñen o sistema radicular moi superficial, polo que o sacho ten que ser superficial. Regarase cando faga falta sen abusar. Vinte ou vinte e cinco días antes da recolleita, suprímense os regos, deste xeito as cebolas madurarán e conservaranse mellor os froitos.

Colleita: cando as follas comezan a secarse, indícanos que os bulbos xa están maduros. En agosto é cando as recollemos, arrancámolas a man, deixámolas enriba do solo para que as seque un pouco o sol, e na casa as poño enriba de palla para que se sigan secando, logo as limpo, lle corto o tallo e as poño en caixas de madeira nun lugar seco e fresco, tamén se poden facer restras e colgalas.

Propiedades: diurética, aperitiva, vermífuga, conteñen vitaminas A, B1, B2, B5, C, E, e minerais, xofre, bromo, fósforo, calcio, flúor, ferro, potasio, sodio etc.

Asociacións: con cenorias, cogombros, chirivías, leitugas, amorodos e remolachas.

Rotacións: cada catro anos, na rotación non colocala despois de leguminosas.

Enfermidades: mildiu da cebola, produce manchas amarelas nas follas, utilizar caldo cúprico.

Podrecemento dos tallos, prodúcese en solos húmidos ou con estercaduras recentes.

Grasa da cebola, debido a Brotrytes cinerea, que destrúe os tecidos da parte central.

Comenta grazas: