Chicoria
Planta rústica que crece en casi todos os climas, gústalle unha boa exposición solar.
Súelo. Vaille ben calquera tipo de terra, aínda que prefire as que son frescas e ricas en humus.
Abonado. Non é moi esixente e podemos cultivala en en calquera parcela, abonada con compost con anterioridade.
Rego. Non quere regos excesivos, abóndalle con que o chan se manteña fresco. Regarémola en épocas secas.
Recolección. Iremos arrancando e consumindo as follas a medida que se necesiten, como facemos co perexil. Si cortamos a planta a ras do chan, volve a rebrotar. No inverno as follas son máis suaves, o seu sabor é amargo, mellor coller as ternas.
Rotacións. É unha planta que pode permanecer dous anos e incluso máis no mesmo lugar. É bo facer rotacións de tres a catro anos.
Propiedades. Aperitivas, colagogas, depurativas, diuréticas, laxantes, revitalizantes y tónicas. Contén vitaminas e minerais.
A súa raíz, tostada e moida, é un bo substituto do café, pero non ten cafeína.
Eu a utilizo, en infusión, ensalada, salteada con allos e uns tacos de xamón.
Seco as flores, que teñen unha cor azulada, moi fermosa e as follas e as gardo en botes de cristal. Para preparar té, o longo do ano.