Coliflor

Coliflor

Coliflor

Coliflor, pertence a familia das Brasicáceas, antes chamadas Crucíferas. Outras variedades da mesma especie son o repolo, o brécol, colinabo e col de Bruxelas. Na horta non debe faltar polo seu contido en nutrientes, vitaminas B1, B2, B3, B5, B6 e minerais, ácido fólico, potasio, fósforo etc.

Clima: prefiren climas temperados, aínda que isto depende das variedades que cultivemos. As de primavera pasan o inverno perfectamente, mentres que as de verán necesitan temperaturas temperadas.

Dependendo da duración do seu ciclo, é dicir, o tempo que pasa dende o transplante ata a súa recolleita. As variedades clasifícanse en:

  • Variedades de ciclo corto: teñen un ciclo inferior aos 90 días.
  • Variedades de ciclo medio: completan o seu ciclo entre 90 e 120 días con estas variedades pódense conseguir producións de setembro a novembro.
  • Variedades de ciclo largo: teñen ciclos superiores a 120 días. Adáptanse ben as recoleccións de inverno.

Solo: ben fertilizado, con boa cantidade de materia orgánica, e bo drenaxe xa que a coliflor necesitará moita humidade, gústalle o solo firme. Facerlle un acolchado axuda a manter a humidade, xa que a coliflor quere un solo con humidade permanente, sen estar encharcado.

Sementeira: dependerá da variedade:

  • Variedades de verán-outono: a sementeira farase de xaneiro a marzo en sementeiro protexido.
  • Variedades de outono-inverno: sementarase en sementeiros ao aire libre de maio a xuño.
  • Variedade de inverno-primavera: sementarase en sementeiros ao aire libre de xullo a setembro.

As coliflores se transplantan cando teñen de tres a cinco folas. Ao plantalas enterraremos as raíces e o tallo hasta a base das primeiras follas. Iremos aporcando a planta a medida que vai medrando para evitar que se caia e para protexela do vento. Cando se forma a flor e bo protexela, ben atándolle as follas ou cortar follas da base e tapar con elas a coliflor, deste xeito conseguiremos que sexa máis branca. Hai que facer a colleita cando están brancas, si se deixan amarelan e perden calidade.

Asociacións: pataca e cebola, si plantamos cerca menta ou romeu, axudará a repeler os parasitos. Tamén podemos plantar leitugas que ao ter un ciclo vexetativo máis curto, non haberá competencia.

Rotacións: ao ser unha planta esixente, faranse rotacións de tres a cinco anos no mesmo bancal.

Pragas e enfermidades:

  • Hernia de la col: provocada por un fungo, que provoca avultamentos no tallo e raíces, murchándose as follas. É común en solos ácidos, evitaremos o uso de esterco fresco e cando fagamos o transplante botarémoslle cinza ao redor da planta.
  • Bolboreta da col: é unha bolboreta branca con puntos negros. As larvas, de cor verde e peludas, van comendo as follas deixando o nervio central. Podemos eliminar os ovos e os vermes das follas cas mans. Si hai un ataque importante podemos utilizar o Bacillus Thuringiensis.
  • Mosca da col: é un tipo de mosca moi parecida a mosca común. Esta mosca fai a posta no colo do tallo da coliflor e fan galerías, poden deixar totalmente oco o tallo principal.

Estas enfermidades poden padecelas as coles, repolo, brócoli, brécol etc.

Na cociña a coliflor ten múltiples usos, como máis me gusta e ao vapor, cocida e rebozada.

 

Comenta grazas: