Colorante natural de flor de cártamo

Os estames da flor de cártamo, fago o colorante natural.

O colorante de flor de cártamo, ten unha fermosa cor vermella.

Cárthamus tinctorius, chamada comunmente cártamo o alazor, eu chámolle azafrán bastardo, plantámolo en horta galega polas súas flores, das que fago o colorante que utilizo para dar cor a múltiples pratos.

As plantas medran de 40 a 100 cm de altura con cabezas florais globulares, florecen no verán, teñen unha cor laranxa tirando a vermello. No mes de xullo é cando empezamos a recoller as flores en días alternos, facémolo a longo de todo o mes, é un pouco laborioso, xa que si tes un tallón grande, lévache bastante tempo facer a recollida.

Cóntovos os pasos que fago para facer o colorante natural ou azafrán, ca flor de cártamo:

  1. Poñemos unhas luvas de látex, para que no nos queden os dedos coloreados, xa que as flores temos que cortalas cos dedos e si non poñemos os guantes quédannos as mans tinguidas. Unha vez recollidas todas as flores hai que poñelas a secar, onde lle de calor, pero non ao sol directo. Nós poñémolas a secar no faiado. Estendemos as flores nunhas caixa de cartón ou sacos de papel.
  2. Cando as flores están ben secas, póñoas na bandexa do forno a 125º para darlle un torrado, hai que estar ollando para que non se nos queimen, xa que pronto se tostan.
  3. Unha vez tostadas as flores, teño un mine robot, as moo, tamén se poden deixar sen moer, gústame que estean ben trituradas. Tamén se pode utilizar un muíño do café para facelo.
  4. Xa obtido o colorante ou azafrán, que ten unha cor vermella espectacular, solo queda metelo en botes de cristal e gardalo nun lugar seco e escuro, e moi importante que non colla humidade, xa que se estragaría. Si o conservamos deste xeito, temos azafrán moito tempo. Para logo utilizalo na cociña nos pratos que necesiten un toque de cor, como paellas, guisos, salsas etc.

Comenta grazas: