Chícharos

 

Pronto probaremos os chícharos.

Pronto probaremos os chícharos.

Chícharo, pertence á familia das leguminosas, xunto cas fabas e as xudías  verdes. Son moi nutritivos polo seu contido en hidratos de carbono, proteínas, vitaminas e minerais.

Clima: os chícharos danse ben no clima fresco, con frío moderado e húmido. Non soportan o calor excesivo nin o tempo moi seco.

Rego: evitaremos os asolagamentos. Cando se abran as primeiras flores, regaranse si o tempo é seco.

Nutrientes: do mesmo xeito que o resto das leguminosas, os chícharos tamén fixan o nitróxeno atmosférico, polo que non necesitan grandes aportes de fertilizantes. No caso que o terreo sexa pobre, podemos botarlle un pouco de compost ben fermentado.

Solo: Adaptase ben a todo tipo de solo, aínda que non lle conveñen os moi calcarios  e secos, nin os excesivamente ácidos e húmidos. O mellor son solos frescos, esponxosos e ben drenados.

COMO CULTIVAR O CHÍCHARO

A época da sementeira a partir de novembro.  A sementeira farase directamente sobre a terra en ringleiras. Este ano fixen un rego duns 5cm. de profundidade en fun sementando os chícharos en grupo, botando 3 sementes en cada grupo e separados uns 20cm.

Cando traballemos a terra xunto aos chícharos, farase de forma superficial, xa que teñen unhas raíces moi sensibles e poden danarse con facilidade.

Si plantamos variedades de enrame, temos que poñerlle unhas varas para que as plantas enganchen os zarcillos e lle sirvan de soporte.

Asociacións favorables: con espárrago, apio, col, cogombro, leituga, millo, pataca, ravo, cenoria, etc. Non lle gustan os allos, cebolas, allo porro etc..

Rotacións: cada dous ou tres anos na mesma parcela.

Pragas do chícharo: o primeiro problema paxaros, caracois e roedores, colocaremos malla protectora, cintas brillantes, calquera cousa que nos axude. Para os caracois póñolle tellas, agóchanse ali, e logo os recollo para as galiñas.

Verme do chícharo: as larvas escavan galerías dentro do froito, deixándoo inservible para o seu consumo. Poderemos utilizar algún insecticida natural  o el Bacillus thuringiensis. Nunca lle voto nada.

Mildiu e oidio: son problemas habituais en épocas calorosas e húmidas á vez. Aplicar extracto de cola de cabalo e azufre en po.

Recolección do chícharo: cando as vainas estean cheas, ai que miralas todos os días.

Comenta grazas: