Ensaladas ecolóxicas

As ensaladas comémolas todo o ano, cando chega o calor é cando máis apetecen. Na primavera e verán e cando temos na horta galega máis variedades de tomates, hortalizas, froitas e flores pa preparar ricas ensaladas ecolóxicas, cas diferentes variedades de tomates ( cherry, grande, negro, amarelo) leitugas de diferentes variedades (folla de carballo, marabilla catro estacións e a verde), cabazo, remolacha vérmella, pétalos de caléndula, pétalos de tajetes amarelos, pensamentos. Quero que vexades algunhas das que preparo:

Esta ensalada é unha mestura de leituga e flores.

Esta ensalada é unha mestura de leituga e flores.

Ingredientes: leituga marabilla catro estaciones, pétalos de flor de caléndula y pensamentos.

Aderezo: aceite de oliva virxe, sal e vinagre balsámico.

Nesta ensalada mesturamos hortalizas, con froitas e froitos secos.

Nesta ensalada mesturamos hortalizas, con froitas e froitos secos.

Ingredientes: tomate cherry, tomate negro, tomate grande, leituga, mazá, e noces.

Aderezo: aceite de oliva virxe, sal e vinagre balsámico.

Nesta ensalada mesturamos, escarola, con froitas e froitos secos.

Nesta ensalada mesturamos, escarola, con froitas e froitos secos.

Ingredientes: escarola, mazá, mandarina, kiwi, noces e tacos de queixo galego.

Aderezo: aceite de oliva virxe, sal e vinagre balsámico.

Corto o calabacín en rodaxas pero tamén se pode raer!

Cortei o cabazo en rodaxes pero tamén se pode raer!

Ingredientes: cabazo, leituga, aguaymanto, pétalos de tagete ou caravel de la India y pétalos de salvia.

Aderezo: aceite de oliva virxe, sal e vinagre de balsámico.

Nesta ensalada mesturamos o tomate negro co tomate grande.

Nesta ensalada mesturamos o tomate negro co tomate grande.

Ingredientes: tomate negro, tomate grande e cebola.

Aderezo: aceite de oliva virxe, sal e vinagre de viño.

Nesta ensalada combinamos a remolacha vermella, con cenoria, froitos secos e cítricos.

Nesta ensalada combinamos a remolacha vermella, con cenoria, froitos secos e cítricos.

Ingredientes: remolacha vermella, cenorias, noces e mandarina.

Aderezo: aceite de oliva virxe e vinagre balsámico.

Unha saborosa ensalada

Unha saborosa ensalada, onde mesturamos leituga folla de carballo, olivas, cenoria, mazá e anacos de laranxa.

Ingredientes: leituga folla de carballo, cenoria, olivas, mazá e anacos de laranxa.

Aderezo: aceite de oliva virxe e vinagre balsámico.

 

Ensalada de quinoa.

Ensalada de quinoa.

Ingredientes: quinoa, cabazo, cenoria, pemento verde, vermello o amarelo, o que teñamos, tomiño, tomate.

Aderezo: aceite de oliva virxe, sal, pementa e tomiño.

Que desfrutedes delas! Para min son imprescindibles, sobre todo no verán, unha ensalada sempre apetece!

Comenta grazas: