Escarola
Escarola gigante hortelana buda
Variedade de follas de cor verde medio claro, cos bordes dentados e ondulados. As follas interiores, vanse apiñando formando unha cabeza compacta que se branquea sen cubrir. Para un branqueo total, atar as plantas ou cubrilas 15 días antes do consumo.
Cultivo: Quere boa terra, e que reteña a humidade.
Seméntoa: Ao aire libre, enterro a semente de 0,5 a 1 cm. Cando as plantas teñen 10 cm. fago o transplante.
Rego: frecuente, e sacarlle as malas herbas.
Recolección: Outono e inverno.
Asociacións: Pódense cultivar con coliflor, repolo e allos porros.
Propiedades: Son ricas en vitamina A e C e sales minerais.
É diurética, laxante e depurativa.
Fago ricas ensaladas con ela.