Espárragos

 

Espárrago verde.

Espárrago verde.

Espárrago: pertence a familia das liliáceas, igual que os allos e cebolas. Planta vivaz orixinaria de Europa e do Occidente de Asia, con raíces carnosas, numerosas, cilíndricas e dispostas radialmente arredor dun rizoma central que emite brotes dando lugar aos espárragos, estes son unha fase de formación e crecemento dos tallos, que poden chegar a máis de un metro de altura, con moitas ramificacións extremadamente finas e follas filiformes. As flores son moi pequenas, dan lugar a uns froitos en baia que cando maduran son de cor vermella, teñen no seu interior a semente de cor negra. O cultivo dos espárragos non é difícil. A produción dunha esparragueira pode durar de 10 a 12 anos polo tanto, é un cultivo rendible para o noso horto.

Plantei os espárragos na horta no ano 2.013, comprei as garras de espárrago e planteinas no mes de marzo, fixen un surco profundo e nel fun poñendo as garras, separadas uns 30 cm. tapeinas con terra que estaba fertilizada con materia orgánica. A continuación regar. Durante o primeiro ano non hai que facer mais que ter a terra limpa de herbas, cando chegue o inverno se segan os tallos cando amarelen a uns 15cm por riba do solo. Ao seguinte ano xa empecei a colleitar os primeiros espárragos.

A colleita: comeza na primavera e prolongarse ata o verán. Cando as puntas dos espárragos vaian asomándose por riba do montón de terra e teñan de 15 a 20 cm. e cando os collo, fágoo a man, utilizo unha tesoira o un coitelo para realizar o corte a ras do solo. Despois de realizar o corte, cubrir o burato con un pouco de terra. É conveniente deixar de recoller os espárragos durante un mes entre primavera e verán para que as raíces poidan recuperarse dos nutrientes utilizados.

Clima e solo: non e esixente respecto ao clima. A temperatura ideal para o seu crecemento é de 15 a 20ºC. O solo convén que sexa solto e permeable, pouco pedregoso e fértil. Os solos silíceo-calcáreos  dan excelentes resultados.

Fertilización: o espárrago é moi esixente en nutrientes, debese preparar o solo con unha estercadura abundante aplicada tres ou catro meses antes da plantación.

Tódolos anos a principios de inverno, se fertilizará con materia orgánica.

Enfermidades: la Puccinia Asparagi o roya del espárrago, combatese aplicando caldo bordalés.

O espárrago verde está moi saboroso a grella, dálle moito gusto aos arroces de coello e polo, nas ensaladas en cremas etc.

 

Comenta grazas: