Espinacas

 

Espinaca, contén moitas vitaminas e minerais.

Espinaca, contén moitas vitaminas e minerais.

 

Espinaca xigante de inverno, esta variedade é resistente ao frío. Ten grandes follas verde escuro, bastantes lisas, tarda en espigar.

Fixen a sementeira no verán, e a recollín durante o outono.

Abonado: Non tolera o esterco nin o compost fresco.  O terreo ten que estar abonado con anterioridade.

Si abonamos con purín de ortiga, imos ter unhas espinacas de gran calidade nutritiva.

Rego: Gústalle o chan húmido, pero sen exceso.

Rotacións. É unha planta esquílmante. Deben pasar de tres a catro anos, antes de repetir o cultivo na mesma parcela.

Asociase ben con numerosa plantas: fabas, xudías, chícharos, fresas, leitugas, escarolas.

Están moi ricas: en revoltos, crema, tortilla, lasaña vexetal, potaxes…

Comenta grazas: