Esponxa vexetal

Estas teñen un bo tamaño.

Estas esponxas teñen un bo tamaño.

A esponxa vexetal e unha planta gateadora da familia das cucurbitáceas, do mesmo xeito que os cogombros e cabazas. Hai moitas especies, as máis coñecidas son: Luffa cylindrica, e Luffa acutángula.

É unha planta que prefire temperaturas elevadas, pero adaptase ben a climas temperados. É unha gateadora incansable! posúe flores masculinas e femininas. Os froitos desta planta (de onde se obtén a esponxa vexetal) son alargados e de cor verde con liñas escuras ao longo.

O solo: Debe ter un bo drenaxe, con abundante nitróxeno e fósforo. Non se da en terreos próximos ao mar.

Sementeira: Farase na primavera, podemos facela de dúas maneiras, en sementeiros ou directamente no chan. Si a facemos en sementeiros, as plantas temos que transplantalas cando comecen a saír os primeiros zarcelos. Si a facemos directa, faremos pequenas cavadas onde votaremos tres pebidas das esponxas separadas 70 cm. Para que as plantas medren ben, temos que facerlle un soporte que pode ser en forma de parra e poñerlle varas. Eu as guío pola rede que teño para as fabas asturianas. As primeira flores deben ser eliminadas, ao igual que as ramas secundarias hasta que a rama principal chegue a parra. A medida que vai medrando imos atándoa con tiras as varas.

Rego: Debe realizarse dúas veces por semana como mínimo no verán e manterase o solo libre de malas herbas.

Recóllense: Cando teñen unha cor amarela, cortarémolas ca tesoira de podar. A época da recolleita é no outono. Temos que sacarlle a pel de fóra e lavalas ben.

Secado: As esponxas xa limpas, sécanse nun lugar ventilado e a sombra. Non deben poñerse ao sol, xa que a fibra secaríase demasiado e volveríase quebradiza, alterando a súa calidade.

Branqueado: meterémolas en auga con un pouco de lixivia e logo aclarámolas con abundante auga. Cando este ben seca e branqueada xa se pode usar.

Diferentes usos das esponxas vexetais: empréganse para o corpo, e a vaixela. Duran máis cas sintéticas. Son un excelente exfóliante natural, que permite eliminar calosidades e tecido morto da pel, apertando con suavidade. Ademais estimula a circulación sanguínea. Deixa a pel moito máis suave. Utilizase como unha esponxa normal, coidando de non apertar demasiado contra o corpo. Ademais podemos elixir entre esponxas grosas, ideais para xeonllos, talóns e cóbados, ou máis suaves para o resto do corpo. Logo de usala, debe enxaugase nunha solución de auga con un pouco de bicarbonato, e deixala secar para eliminar a humidade e calquera foco de bacterias.

Comenta grazas: