As flores, non poden faltar na horta, ademais de agasallarnos cos seus aromas, as súas cores a súa elegancia, fan compaña. Moitas veces, nin me decato da súa beleza, outras párome, fíxome: nas súas cores, no seu arrecendo, no seu porte, e digo: Hai algo máis perfecto?
A miña sogra é quen as coida, ademais de adornar a horta, as pon en floreiros e as leva ao cemiterio.
Esta é unha pequena mostra, que vos dedico.
Dalias, teñen unha cor salmón moi fermosa!
Si alguén coñece o seu nome, que mo diga.
Hortensia, gústalle a humedade. Ai que botarlle cal magnesica, para que non perdan a súa cor.
Salvia, as súas flores de cor encarnado, son comestibles
Lupines azules, son plantas de tallo erguido,as flores reunense en longas e vistosas inflorescencias.
A salvia é unha das plantas máis indicadas para tratar os trastornos da menopausia.
Alelí, planta ornamental de flores recendentes e diversas cores.
Rosa, flor da roseira. Talos con espiñas, e recenden moi ben.
Lirios, teñen unhas flores moi bonitas.
Camelias de cor branco, de origen oriental. Son moi fermosas e delicadas.
Lirios de cor azul, teñen unha gran beleza.
Tajetes