Horta 2013

Horta 2013

Horta 2013

Horta 2013, é o resultado, de moitas horas de traballo, dedicación e paciencia. Teño que dar as gracias a Ovidio, sen a súa axuda, a horta non sería a mesma. Sempre podo contar con el, gústalle a horta. Fomos criados neste ambiente, quizais sexa iso, o que nos atrapou. A parte da horta, que non ten plantas e está acolchada con herba seca, xa deu a colleita de patacas. Que este ano a pesar da mala climatoloxía, aínda non damos queixa. As patacas son a plantación máis importante da horta.

Recollemos sementes, gardámolas, facemos os sementeiros, preparamos a terra, e imos facendo as plantacións adecuándoas a cada estación. Quero demostrar que pódese facer horta dun xeito sostible, ecolóxico, conservando a biodiversidade e garantindo os recursos as futuras xeracións.

Nela paso moito tempo, observando, recollendo os froitos e recollendo tamén os bichos, que me comen as plantas, como no caso dos escaravellos das patacas. Outros momentos son de moito traballo, que cando rematas, xa non podes máis!

O mellor! sen dúbida degustar o produto. Cando un está afeito, a recoller na horta, a súas hortalizas e comelas xa! As que venden nos supermercados, nada que ver!

Mentres teñamos folgos, seguiremos facendo a nosa horta!

O ano 2013 fixen o primeiro curso online “Retos de la Agricultura y Alimentación en el siglo XXI” en abril do 2014 acabo de rematar a 2ª edición.

Nun dos temas falaron da agricultura orgánica o que eu lle chamo agricultura ecolóxica.

En que consiste a agricultura orgánica?

Nun sistema de produción que trata de maximizar os recursos do campo, dándolle énfases a fertilidade do solo, á actividade biolóxica e ao mesmo tempo, minimizar o uso dos recursos non renovables, non utilizar fertilizantes e praguicidas sintéticos para protexer o medio ambiente e a saúde humana.

A agricultura orgánica diferenciase da agricultura convencional, en que considera ao solo como un ente vivo utilízao e trátao como tal; trata de manter a saúde do solo, utilizando un conxunto de técnicas, as principais son:

  • Cobertura vexetal permanente
  • Rotación de cultivos
  • Policultivos(varios cultivos á vez)
  • Establecemento de barreiras vivas
  • Labranza mínima ou labranza cero
  • Alelopatía como control biolóxico
  • Uso de fertilizantes orgánicos(restos de poda, restos de colleitas)

Está nas nosas mans, a elección do tipo de horta que queremos facer. Cada día teño máis claro, que temos que apostar pola agricultura orgánica, e animo a todos os que facedes horta a que o intentedes. Aquí tendes a mostra da miña horta, onde levei a práctica algunhas das técnicas anteriormente mencionadas.

Comenta grazas: