Horta 2014

Cada ano, deseñamos a horta.

A horta, estanos servindo de ferramenta social, ponnos en contacto aos veciños, amigos e persoas que cando pasan polo camiño, páranse a mirala, e moitas veces fanche preguntas: do que estas a facer?

Sempre temos algo que comentar, todos intentamos, ter unha horta, da que nos sintamos orgullosos! Onde podamos minimizar o traballo, conseguindo boas hortalizas, dun xeito ecolóxico. Compartimos, as nosas plantas, os nosos coñecementos e as nosas experiencias.

Estou encantada con este bo rollo! que se está creando en torno a horta!

Invítovos a facer un percorrido pola horta deste ano, aquí hai moitas horas de traballo, e aínda o que queda por facer! Da gusto vela:

Teño que agradecer a Ovidio, que se fixera cargo da horta. Por motivos de saúde da miña nai, tiven que aparcar o meu traballo nela, para atender o máis importante! A miña nai!

Ovidio fixo un traballo magnifico! As plantas no me botaron en falta, el as coidou moi ben! A el tamén lle gusta a horta, e xuntos ademais de traballar desfrutamos do que facemos. O resultado foron froitos de unha calidade e un sabor incomparables. Moitas grazas!

Comenta grazas: