Horta Galega 2015 I

Este ano 2.015 fixémoslle o vídeo a horta galega. Tiña moitas ganas de facerllo! Dou as grazas a Ovidio, é a axuda máis importante que teño a hora de facer os traballos e a todas as persoas que fan que este proxecto  sexa unha realidade a o meu fillo Brais que me axudou a compartilo vía online, era a primeira vez que lle faciamos o vídeo a horta galega, el encargouse de subilo e poñerlle a música, que é do grupo galego Luar Na Lubre, álbum: O son do ar. Unha fermosura de canción. Sin a súa axuda nada disto sería posible! No vídeo facemos un percorrido pola horta, nel amosamos todos os cultivos que facemos. Ademais das hortalizas: cabazas, xudías, tomates, pementos de Padrón, pementos morróns, leituga folla de carballo e leituga verde, fabas, cártamo ou azafrán, xirasoles, amorodos, cabazos, cebolas, remolacha vermella, acelgas, allo porro etc. Hai flores repartidas por toda a horta, tagetes de cor laranxa e amarelo, zinnias, caléndulas, lavanda etc. a súa misión ademais de dar cor e beleza a horta é a de atraer aos insectos polinizadores para que polinices as nosas plantas. Hai unha parte da horta que ten un acolchado de herba seca, que facemos unha vez que recollemos as patacas. Na parte final do vídeo facemos un percorrido polas plantas aromáticas e medicinais, temos chicoria, tomiño, romeu, melisa, ruda, ourego, herba Luisa, salvia, dente de león, menta etc. Gústame pensar que os horticultores somos xardineiros de alimentos, polo que as flores e as plantas aromáticas teñen que estar presentes na nosa horta convertendo esta nun espazo de puro pracer, un lugar para desfrutar dos sentidos, para sentarse e observar. Ademais as plantas aromáticas e medicinais conteñen esencias, resinas e sustancias especiais que contribuín a afastar as pragas e enfermidades dos nosos cultivos.

Invítovos a que vexades o vídeo e coñezades a horta!

Comenta grazas: