Os cultivos de horta galega 2015 II

Os cultivos de horta galega 2015 II, foron patacas, fabas, soia, xirasoles, millo e coles. Abrimos uns regos co motocultor separados 90 cm. e neles sementamos as patacas, nunca habiamos sementado as patacas tan separadas, aquí hai a costume de plantar os regos todos seguidos, tiña moitas ganas de probar a facelo así, xa que deste xeito, podería moverme entre elas sin pisalas e coller os escaravellos que sempre as atacan, xa que non lle botamos ningún insecticida. Tiven a sorte, que que foi unha primavera seca, as patacas sementeinas en abril e fixemos a colleita no mes de xullo, neste tempo apenas tivemos choiva, polo que as herbas foron fáciles de combater. A pesar das escasas choivas, cousa que non estamos afeitos os galegos, houbo unha cosecha xeitosa!

As sementes que utilicei na plantación de horta galega 2015 II foron sementes que recollín o ano anterior. As patacas, deixei as pequenas, tiñan o tamaño dun ovo pequeno, sementeinas enteiras. As fabas, como as miñas estaban un pouco manchadas, deumas meu pai. O millo é millo galego, que é o que máis me gusta, ademais de darllo as galiñas, tamén serve para facer unha rica fariña ca que se fai a empanada de millo tan típica en  Galicia. A soia, é unha legume que levo plantando varios anos, a colleita faise no outono, si non fai bo tempo para que seque da bastante traballo desbullala. As coles, facemos a sementeira a finais de agosto o primeiros de setembro e no mes de novembro e cando as transplantamos, están dando verdura todo o ano. A única semente que merquei, foron as pipas de xirasoles.

Na horta fixen acolchado con herba seca no millo e nas coles, ca finalidade de combater as herbas e para que a terra conservase a humidade, xa que o verán tamén foi seco.

No millo fixen a asociación con fabas asturianas, debido a seca non naceron moi ben, as que naceron, veu un forte vento a finais de agosto e tiroume o millo que lle servía para agarrarse faba, xa que é unha variedade gabeadora. A faba como todas as leguminosas fixan o nitróxeno atmosférico o solo.

A pesar do traballo, que foi moito! O resultado foi satisfactorio!

A novidade que tivemos este ano! Foi facerlle o vídeo a horta galega 2015 II.

Comenta grazas: