A importancia da fertilización

Fertilizante orgánico, para incorporar ao solo.

Fertilizante orgánico, para incorporar ao solo.

Para que as plantas medren sans, necesitan sol, aire, auga e unha terra ben fertilizada. Aínda que temos que ter en conta que agora fanse cultivos sen terra, os chamados cultivos hidropónicos.

Todas as plantas necesitan tomar do solo elementos minerais. Son os nutrientes minerais esenciais. Un solo que careza deles, as plantas morrerían, xa que todos son imprescindibles.

Mediante a fertilización, estamos achegando materia orgánica (vexetal ou animal) e mineral ao solo, con tódolos elementos necesarios para o desarrollo das plantas.

A riqueza do solo non se mide soamente pola cantidade de elementos químicos dispoñibles para as plantas, senón tamén pola actividade microbiana. Os microorganismos ademais de procesar e transformar a materia orgánica en inorgánica, para que as plantas poidan aproveitala, tamén melloran a estrutura do solo.

É moi importante utilizar fertilizantes orgánicos e minerais naturais para manter en boas condiciones a poboación de microorganismos no solo, o que non se logra con fertilizantes químicos, que fan que o solo se empobreza e se contaminen as augas subterráneas.

Nutrientes principais:

-Nitróxeno

-Fósforo

-Potasio

-Calcio

-Magnesio

-Xofre.

Os tres primeiros son os nutrientes esenciais das plantas.
Micronutrientes ou oligoelementos: as plantas necesítanos en pequenas cantidades.

-Ferro

-Zinc

-Manganeso

-Boro

-Cobre

-Molibdeno

-Cloro.

Nitróxeno: necesítano as plantas para o desarrollo das follas e tallos.

Os fertilizantes orgánicos, como o esterco, molime, compost, guano, humus de lombriga etc. proporcionan Nitróxeno a medida que se van descompoñendo.

As follas pequenas, amareladas e que medran pouco indican unha carencia, un exceso na planta producira moito follaxe e poucas flores e froitos.

Fósforo: axuda ao desarrollo das raíces, axuda á planta a madurar máis rápido. É fundamental no crecemento das plantas novas. A fariña de osos é un fertilizante orgánico que contén gran cantidade de fósforo.

A súa carencia fai que as plantas non medren axeitadamente, as follas teñen unha cor verde escuro apagado que se volve vermello ou púrpura e sécanse. Menor desarrollo radicular, menor floración e menor desarrollo dos froitos.

Potasio: necesítano as plantas para producir flores e froitos, tallos fortes e resistentes ás enfermidades. Atopase nas cinzas da madeira, non se pode abusar delas xa que elevan o PH do solo. Un solo ácido ten un PH menor que 7. Un solo neutro ten un PH en torno ao 7. Un solo básico ou alcalino ten un PH maior que 7. En Galicia abondan os solos ácidos. Estes solos son ideais para plantas como azalea, rododendro, hortensia, camelia, breixo, gardenia, etc.

O Potasio aumenta a resistencia da planta ás enfermidades, á seca e ao frío.

A súa carencia afecta ao crecemento da planta, as follas con bordes e puntas amarelas e con tendencia a enfermar.

A carencia de potasio é máis frecuente nos solos areosos. A choiva e o rego continuado lava este nutriente.

Comenta grazas: