Leituga

Leituga, planteina en malla, foron fermosas!!

Leituga, planteina en malla, foron fermosas!

Leituga, pertence á familia das Compostas. Planta anual de orixe asiático. Flores amarelas e grans alargados con unha fisura lonxitudinal branca, negra ou encarnada; a duración xerminativa é de catro a cinco anos. E fácil de recoller a semente, unha vez que a planta bota as flores, hai que deixala que colla unha cor amarela, e tan pronto como empeza a madurar a semente cortamos as flores poñémolas a secar e as flotamos para que caia a semente, sacámoslle as impurezas e gardámola nun bote de cristal.

Hai moitas variedades, despois de probar algunhas delas, planto as da foto, que é unha variedade que se da todo o ano, e no inverno planto a leituga marabilla catro estaciones, planta con follas caracteristicamente pigmentadas de cor vermello morado, tanto na parte exterior como no interior. É unha leituga que ten unha folla con unha textura moi branda. Leituga folla de carballo vermella: é unha leituga de folla branda e rizada de sabor doce. Chámase así porque recórdanos a folla do carballo. As follas son de cor vermello morado. No momento da recolleita podemos optar por cortar unhas poucas follas e deixar a planta no horto hasta a próxima ensalada, si cortamos a leituga deixando a raíz, esta rebrotará dándonos follas de novo.

Clima e terreo: non é moi esixente en canto a clima, existindo variedades que soportan ben o frío do inverno, e outras que dan boas plantas en climas tropicais. En canto ao terreo, inflúe a variedade de leituga e a época do cultivo; en variedades de inverno convénlles terras lixeiras e soltas, en cambio para as leitugas de estío son mellor os solos máis compactos e frescos.

Cultivo: fago a sementeira na horta a partir de xaneiro ou febreiro dependendo do clima que faga. Podemos plantar nun mesmo bancal diferentes variedades de leitugas. Elixindo as variedades adecuadas, teremos leituga todo o ano.

Fertilizado: esterco descomposto incorporado en abundancia ao terreo.

Enfermidades: contra os insectos prexudiciais non queda outra que recollelos á man. Blanco da leituga(Peronospora gangliformis). Para previr esta enfermidade, recomendase pulverizar as plantas, despois do transplante, con caldos cúpricos. Nunca lle boto ningún tratamento á leituga!

Rotacións: a leituga soporta bastante ben o cultivo sucesivo no mesmo bancal, aínda que para evitar problemas de fungos e nematodos é mellor a súa rotación.

Asociacións: con remolacha, cenoria, col, cogombro, faba, amorodo, cebola, porro, chícharo, ravo etc.

Propiedades: teñen propiedades aperitivos, calmantes, depurativas, refrescantes e mineralizantes. Teñen enzimas e vitaminas A, B, C, D, E. Teñen calcio, zinc, cobre, magnesio, potasio entre outros. Non teñen proteínas nin graxas. Son excelentes sedantes, moi boas para a cena en forma de sopas, caldos de leituga, ensaladas.

Gústame ter na horta, leitugas de cor verde e de cor vermella, xa que a mestura de ambas danlle cor as ensaladas.

 

Comenta grazas: