A lúa na horta

fases lunares

fases lunares

A crenza da influenza das fases lunares no comportamento biolóxico das plantas, está moi arraigado no medio rural.

Ao longo da miña vida sempre escoitei, a influencia da lúa a hora de facer calquera traballo na horta. Quizais fora isto, o a miña curiosidade, o que me fixo unha fiel seguidora de ver a lúa, e tela en conta, cando quero plantar as hortalizas na horta, e cando quero recoller os froitos, para conservar ao longo do ano.

A lúa xira ao derredor da terra,tardando 29 días, 12 horas e 44 minutos en completar  o que se chama revolución lunar sinódica. No seu xiro vaise <<encarando>> u <<opoñendo>> ao sol, dende a terra apreciamos unha serie de cambios na súa iluminación que se chaman fases lunares e repártense, en catro cuartos.

Co aumento da luz nocturna aportada pola lúa, as plantas ven estimulada a súa vitalidade e fertilidade, polo que as fases crecente e chea son as mellores para sementar e traballar a terra daquelas plantas que queremos unha gran frutificación. As plantas teñen máis forza para loitar contra parasitos e enfermidades. As flores cortadas aguantan máis nos floreiros,e as plantas aportan máis vitalidade a quen as consuma. Cando mingua a luz da lúa, a vitalidade das plantas decrece, pero as cores, aromas e sabores son máis perceptibles. As propiedades dietéticas ou medicinais son máis pronunciadas. A conservación da planta en fresco é máis difícil.

Lúa chea

Abarca desde o momento no que o círculo lunar está completamente iluminado polo sol, hasta que soamente vemos a metade esquerda iluminada.

A lúa chea serve para a colleita, sacar o esterco, voltear o compost, cortar caña, sementar plantas de froito (tomates, pementos,…)

Lúa minguante

A lúa mingua, o decrece, no período que vai de lúa chea a lúa nova seguinte. Pódese ver no ceo que a lúa mingua polo feito de que o semicírculo de lúa debuxa a letra “C”. Popularmente, pa recoñecer si a lúa crece o mingua (decrece), dise que a lúa é mentireira, xa que debuxa unha “D” cando crece e unha “C” cando decrece.

É un bo momento para realizar labores no solo, para a asimilación dos abonos, para sementar raíces e tubérculos, como allos, remolachas, cenorias, patacas… E para as plantas que tenden a subir a flor, como leitugas, espinacas, coles…

Lúa nova

Durante esta fase lunar, non se ve a lúa, xa que nos mostra a cara que non está iluminada.

A lúa nova é unha fase pouco propicia para facer traballos na horta, pero si boa para sacar as malas herbas.

Lúa crecente

A lúa é crecente no período que vai dende lúa nova a lúa chea: cada día aumenta a luz que reflexa.

Cando observamos a lúa no ceo, a parte luminosa da lúa debuxa un semicírculo parecendo debuxar unha “D”

O cuarto crecente é un bo momento para sementar; tratar as plantas enfermas ou aplicar tratamentos preventivos. Este período estimula as plantas de gran crecemento vexetativo, abonos en verde, plantas que producen  froitos, sementes e flores (tomates, chícharos, xudías, cabazas,…)

Fases da lúa

Fases da lúa

Así vemos a lúa no hemisferio norte: D= Crecente, C = Decrecente ou minguante (lúa mentireira).

No hemisferio sur ven a lúa: C = Crecente, D= Decrecente ( lúa sincera)

Lúa ascendente e lúa descendente

Tratase dun fenómeno totalmente distinto ao anterior. A lúa pode, por exemplo, ser ao mesmo tempo crecente e descendente.

A lúa é ascendente durante o período en que, cada día, a súa órbita é máis elevada que o día anterior. No ceo, é necesario mirala dous días seguidos para saber si sobe ou baixa; un día mirase a lúa e tomase unha referencia da súa altura no ceo. Ao día seguinte a lúa volve pasar pola mesma vertical entre uns minutos a unha hora máis tarde. Si está máis arriba quere dicir que é ascendente. Si está máis baixa, é descendente.

Os líquidos internos das plantas ascenden e descenden coa lúa. En lúa ascendente hai máis actividade por encima do solo e na parte aérea das plantas. É un bo momento para recoller e realizar enxertos, recoller froitos con zume. O céspede cortado neste período ten tendencia a proliferar en follas e gran.

Ca lúa descendente, os líquidos internos das plantas descenden, a actividade vexetativa realizase sobre todo baixo terra, nas raíces. É o momento adecuado para recoller raíces, labrar a terra, botar esterco ou compost, transplantar especialmente ca raíz descuberta, podar, cortar leña. O céspede cortado nesta época arraiga mellor, e medra menos.

Nas plantas aproveitamos diferentes partes: raíces ( cenorias, remolacha, allos,…), follas (acelgas, leitugas,…),froitos (tomates,pementos,…),ou flores ( alcachofas, xirasois, coliflor,…), o crecemento de cada unha destas partes vese afectado pola fase lunar. Por iso debemos tela en conta, para obter mellores resultados na nosa horta ecolóxica, onde todo o que axude  a protexer as nosas plantas das pragas non debemos descoidalo.

Fan un calendario, onde ofrecen os días máis recomendables para cada unha das catro opcións de cultivo: vexetais de raíz, de flor, de folla e de froito. Para min é de gran axuda, e o teño en conta.

Quen queira ter unha información máis completa, a obterá nun calendario de agricultura biodinámica.

Parece ser, que os efectos da lúa sobre os cultivos, non están cientificamente demostrados. Os xardineiros e horticultores de antano habían observado a súas influencias positivas e negativas  nas plantas. En base a elo, concibiron un calendario lunar da agricultura, que se actualiza cada ano.

 

Información: Cursos de agricultura ecolóxica e calendario lunar que edita Artús Parta Manresa.

 

 

Comenta grazas: