Nabicol

Nabicol, no caldo está moi rico.

Nabicol, no caldo está moi rico.

Nabicol, pertence a familia das crucíferas, planta de porte alto, de 50 – 70 cm de altura. Follas verde azuladas que non forman repolo. Utilízanse as follas novas coma si foran grelos. A zona sur da provincia de Pontevedra e as Rias Baixas, son as zonas típicas de produción e cultivo do nabicol, tamén se cultiva no norte de Portugal, León e Asturias.

Sementeira: No verán fanse os sementeiros, podemos sementar a semente en regos ou a boleo, eu fago os sementeiros no mes de agosto, cando as plantas serven, fago o transplante.

Solo: gústanlle os de textura media, con unha boa retención de auga e un bo drenaxe non resiste o asolagamento.

Clima: o nabicol é un cultivo anual que prefire climas temperados, húmidos e frescos. Tolera ben as secas invernais e en estado de roseta, é capaz de soportar temperaturas moi frías.

Colleita: recóllese o tallo principal, deixando tres ou catro xemas axilares que logo botarán brotes. Ou se cortan as plantas practicamente a ras do solo, deixando como máximo unha ou dúas xemas, deste xeito é como o recollemos nos. Teño nabicol ata a primavera, a finais desta estación comeza a floración e remata no verán, que é cando se recollen as sílicuas(froito típico das crucíferas).

Valor nutritivo: son ricos en fibra, conteñen o 90% de auga, hidratos de carbono, minerais, potasio, calcio, magnesio entre outros e vitamina C, o nabicol, ten propiedades antioxidantes e anticanceríxenas, por iso temos que incorporalo na nosa dieta.

Consúmese en caldos, en revoltos e cocidos igual que as verzas e nabizas.

 

Comenta grazas: