O acolchado

Acolchado de herba seca.

Acolchado de herba seca.

Fai anos que veño facendo esta práctica na horta, cando ven o bo tempo cortamos a herba, mellor antes que bote as sementes, deixámola secar e logo recollémola para facer o acolchado na horta. Neste traballo botamos unha man todos!!

Consiste en estender unha capa de materia orgánica sobre o súelo ó redor das plantas.

O acolchado é unha práctica moi recomendada en agricultura ecolóxica , nos xardín familiares e na horta, aínda que non é imprescindible.

Nos climas cálidos, secos e moi soleados é onde maiores e máis beneficiosos son os seus efectos. Xa que protexe a terra das radiacións solares, evitando que a prexudicial radiación ultravioleta destruía ou dane a flora bacteriana e microbiana da terra de cultivo.

Beneficios do acolchado orgánico

  • Reduce a perdida de auga.
  • Aporta nutrientes a medida que se descompón.
  • Mellora a estrutura do chan.
  • Non e necesario labrar porque o solo esta cuberto.
  • Impide que saian malas herbas.
  • Momento para aplicalo: primavera e principios do verán.
  • O acolchado pode ser de 2-7 cm. de espeso ou máis.
  • Si queremos controlar as malas herbas ten que ser espeso.

Pódese dividir en dous tipos dependendo da súa orixe: Orgánico o inorgánico.

Ao primeiro grupo pertencen a palla, as matas e follas das hortalizas, a herba, os restos de coníferas, o compost, os abonos verdes etc.

Dentro dos de orixe inorgánico utilízanse pedras, gravas, areas, cortiza dalgunhas árbores, papeis, plásticos etc.

A palla é un dos materiais de descomposición lenta idóneo para as terras pesadas , xa que permite a aireación e absorbe parte importante da auga da choiva. Recomendase o seu uso nos cultivos de hortalizas.

A espesura da capa depende, do material que utilicemos, e si son secos ou acuosos. No primeiro caso podemos utilizar capas máis ou menos espesas, si utilizamos materiais verdes, deben empregarse capas moi delgadas, xa que do contrario favoreceremos a proliferación de organismos patóxenos.

Limitacións do acolchado

A pesar das súas vantaxes, o acolchado non sempre resulta beneficioso, nin é aplicable en todos os cultivos ni en todos os climas. As plantas transplantada acólchanse con facilidade, mentres que as que sementamos necesitan terra despexada e exposta a luz.

En zonas de natureza fría e húmida e con veráns curtos, resulta mellor deixar a terra exposta ao calor do sol.

Unha boa opción para manter protexida a terra, é cubrila con restos de esterco moi descomposto, ou mesturas de compots. Ao ser negros ou escuros absorben ao máximo as radiacións do sol, quentando a terra, ao tempo que ofrecen sombra e protéxena das daniñas radiacións ultravioletas.

 

 

Comenta grazas: