O concurso

O traballo, o esforzo, e a aposta pola horta ecolóxica, eran recoñecidos!

O traballo, o esforzo, e a aposta pola horta ecolóxica, eran recoñecidos!

A asociación cultural e xuvenil A EIRA organiza o concurso: “cestas da horta co sabor de toda unha vida”.

1º Premio: Trofeo + 50 euros

2º Premio: Trofeo + 30 euros

3º Premio: Trofeo + 15 euros

Era a primeira vez que se organizaba no concello, un concurso de cestas da horta. Tanto Begoña como Juan Ramón que sempre apoiaron o blog, animáronme a participar, doulle as grazas polo seu apoio e cariño.

Teño que dicir, que nunca fixera unha cesta de produtos da horta, tiven a sorte de ter unha cesta na casa xeitosa, pois quería poñer unha pequena demostración de todas as hortalizas que había na horta. Como sempre, contei ca axuda de Ovidio, el sempre está ao meu carón cando o necesito, dándome a súa axuda, o seu asesoramento, apoio e compañía, moitas grazas!

Quero dedicarlle o premio: aos meus sogros, dun xeito especial a Serafín, el pasou moitos momentos nesta horta! A miña veciña Carme, que xa non está con nos! Ela tiña a súa horta, e nela era feliz! Ao meu pai, que aos seus 84 anos, a súa horta parece un xardín! E a toda a xente do rural que traballa e ama a terra!

Doulle as grazas a todas as persoas que a votaron, xa que as gañadoras foron elixidas por votación popular. Sacámoslle fotos a todas as cestas concursantes. Para ser a primeira vez que se facía o concurso había cestas moi chulas! e bastante participación. Eu gañei o segundo premio. Gustaríame moito ter a información do primeiro e terceiro premio, si alguén ma pode facilitar poñeríaa encantada!

O concurso tivo lugar o día que se celebrou no concello de Valga a festa da mostra da caña do país, que foi o 24 de agosto do 2013. As 11:00 se inauguraron os stand que se dispuxeron no parque Irmáns Dios Mosquera para ser ocupados polas distintas asociacións do municipio que colaboraron ca festa. As 13:00 horas, estaba previsto o pregón, que este ano corría a cargo do actor galego Federico Pérez e despois procedeuse a entrega de premios.

Sempre recordarei este día dun xeito moi especial!

Comenta grazas: