Verme das coles

 

Dándose o festín

Dándose o festín

O verme das coles é un verme verde grisáceo (Pieris brassicae) con tres liñas lonxitudinais de cor amarelo e con puntos negros. A súas bolboretas son brancas con manchas negras, poñen os ovos no envés das follas. Poden ter hasta tres xeracións ao ano. Cando detéctanse os ovos, hai que actuar para controlalos xa que, unha vez saían os vermes que solen medir uns 5 cm de longo e están recubertas de pelos brancos. Devoran as follas das coles e da maioría das crucíferas

Accións preventivas

  • É raro que ataquen a plantas vigorosas, nas parcelas onde se fixeron rotacións e a fertilización e o rego son correctos.
  •  Humedecer a planta con unha disolución de sal mariña ( 1/2 kg en 10 litros de auga) reforza as coles e afasta os vermes.
  • Si dispoñemos de fentos podemos colocar unha folla enriba de cada col, deste xeito afastamos as bolboretas.
  • Podemos colocar trampas e recipientes especiais para capturar as bolboretas.
  • As pulverizacións con aceites esenciais de menta, romeu, salvia, tanaceto, ajenjo ou tómello, afastan as bolboretas da col.

 Como tratar una praga de vermes da col

Un método infalible e barato para controlar este tipo de praga, é a captura manual, pero si a praga é moi importante hai outras alternativas.

Macerar en auga follas de col en pequenos pedazos (de 2 a 4 por cada 5 litros) despois filtrar e pulverizar sobre as follas das coles. Esta maceración consegue que as follas despidan un cheiro desagradable, que non lle gusta aos vermes e deste xeito non atacan tanto as follas.

Cando estes remedios non funcionan, podemos aplicar un insecticida biolóxico Bacillus thuringiensis, un insecticida específico para vermes de lepidópteros, non tóxico, permitido en agricultura ecolóxica.

Comenta grazas: