Os sementeiros

Os pementos e tomates, necesitan bastante tempo para xerminar e alcanzar un bo tamaño, hai que facer os sementeiros no inverno. Fago os sementeiros no mes de febreiro, xa que para finais de abril ou principios de maio, xa teremos boas plantas para plantalas na horta. Este ano fixo moi mal tempo, entón armei unha mesa no interior a carón dunha fiestra, e nela puxen as caixas de poliespan, as macetas e os vasos de iogures para facer os sementeiros.

 

 

Modo de facelos:

  1. Enchemos os recipientes con un substrato especifico para sementeiros apertamos un pouco a superficie dos recipientes.
  2. Sementamos directamente, incorporando as sementes aos recipientes.
  3. Estendemos un pouco de substrato por encima, apertamos lixeiramente para que non queden ocos de aire entre o substrato e as sementes.
  4. Regaremos, e teremos coidado que os sementeiros esteen sempre húmidos para garantir que as primeiras raíces das sementes estean ben hidratadas.

Si fai calor en dúas semanas poden xerminar as sementes. Cando vexamos que comezan a saír as primeiras follas, se recomenda sacar os sementeiros ao exterior durante o día e metelos dentro pola noite.

Os sementeiros no inverno, teñen que estar nun lugar abrigado, e protexidos das xeadas. Hai que tapalos cun plástico, mentres o tempo non veña a quencer.

Ao vir a primavera, fago na horta ao aire libre, os sementeiros de allo porro, leitugas, remolacha vermella, cenorias, perexil.

E moi importante recubrir adecuadamente a semente depositada no terreo, debese ter moito coidado de non enterrala demasiado, xa que isto é en moitas ocasións a causa do fracaso da sementeira.

Profundidade da sementeira: 1 a 3 mm: alfábega (albahaca), apio, perexil, cenorias etc.  4 mm. a 1 cm: chicoria, berenxenas, cebolas, coles, escarolas, leitugas, nabos, pementos, porros, ravos, tomates etc. 1 a 2 cm: acelgas, alcachofas, cardos, espinacas, melisa, ourego, remolacha vermella, romeu, tanaceto, tomiño etc. 2,5 a 4 cm: cacahuetes, cabaciñas, cabazas, cilantro, espárragos, chícharos, xudías, millo, melóns, cogombros, sandías etc.  4 a 5 cm: millo, garavanzos, fabas etc.

Os sementeiros, dan un pouco de traballo, pero é moi agradable ver como dunha minúscula semente saio unha planta que logo vai dar un froito de gran tamaño e dun sabor incrible. Exemplo: Tomates, pementos.

Ter as nosas plantas, ten a vantaxe: que plantas cando queres, si algunha planta che morre, sempre vas ter outra para poñer no seu lugar, coñeces a variedade, son plantas que xa están adaptadas ao terreo, si che sobran plantas, sempre podes compartilas cos amigos e veciños. Desfruto moito regalando as plantas que non necesito.

Comenta grazas: