Oxalis

Oxalis, unha planta que nos pode invadir a horta.

Oxalis, unha planta que nos pode invadir a horta.

Oxalis, quere colonizar horta galega. Caracterizase por ter as follas tipo trevo e unha floración que resulta decorativa. O verdadeiro problema témolo nas raíces, xa que esta planta vai desenvolvendo  uns pequenos bulbos que se rompen cando traballamos a terra ou pasamos o tractor para triturala, deste xeito a planta multiplicase a unha velocidade incrible, invadindo tódolos cultivos que facemos na horta. Para min é unha mala herba, nunca pensei que nos iba a dar tantos problemas, por eso no 2015 decidimos poñernos mans a obra, arrancando a oxalis e eliminando os bulbos subterráneos, que son futuras plantas e queimalas xa que non se poden compostar. Non é tarefa fácil, pero senón queremos que a nosa horta se invada desta planta, unha vez que vexamos a súa presenza, temos que desfacernos dela. Sempre teño na horta algún recipiente para ir votando as plantas e os bulbos que van aparecendo, no inverno a planta morre, pero ao mover a terra nela están os bulbos.

O xénero oxalis comprende unhas 800 especies coñecidas. Pertence a familia das Oxalidaceae.

Chámase tamén aleluya, acetosella, pan de cuclillo, vinagrera, acederilla etc.

Comenta grazas: