Patacas

Plantación de patacas, do meu pai.

Plantación de patacas, do meu pai.

Patacas, sempre presentes, é quizás unha das grandes estrelas da gastronomía mundial. Versátil, contundente, saborosa… Que máis se lle pode pedir a un tubérculo! Poucos produtos son tan utilizados na cociña como este, por iso non pode faltar na nosa horta.

Pataca, pertence a familia das Solanáceas, é unha especie anual da mesma familia que os tomates e pementos entre outros.

A orixe da pataca, está na cordilleira andina. Os españois introduciron a pataca en Europa no século XVI pero ata o século XVIII non comenza a divulgación do seu cultivo e pouco a pouco converteuse en alimento fundamental da dieta do home.

A pataca, é unha planta herbácea, vivaz, provista dun sistema aéreo o outro subterráneo con rizomas que son os tubérculos, que non son máis que órganos de reserva de alimentos e enerxía da plantas, raíces fibrosas, moi ramificadas, finas e largas, os tallos son de cor verde pardo grosos, fortes e angulosos, que medran vertical aínda que logo se estendan cara o chan, follas compostas, flores variando da cor branco ao violeta, existindo algunhas variedades que non florecen e outras coias flores non forman froito ou semente. Este froito é unha baia, na sua polpa verde e acre atópanse os grans, pequenos, brancos e esmagados.

Os tubérculos(patacas) son uns avultamentos ricos en fécula que se atopan nos tallos subterráneos, tendo diferente forma, dimensións e cor dependendo das variedades.

Hai moitas variedades, nos plantamos as variedades con ciclo entre noventa e cento vinte días, chamadas temperás ou semi-temperás.

De “carne” branca, Kennebec, pel branca, ollos superficiais, tubérculos grandes.

De “carne” amarela, Monalisa, Baraka… pel amarela, tubérculos ovales grandes, ollos superficiais.

Clima: tratase dunha planta de clima fresco, as temperaturas máis favorables para o seu cultivo en torno aos 13 e 18ºC. Cando a plantamos a temperatura do solo debe ser superior aos 7ºC, o frío excesivo prexudícalle quedando os tubérculos pequenos, si a temperatura alcanza os – 2º C a planta conxelase, aínda que pode rebrotar, en moitos casos acaba morrendo. As xeadas tardías fan moito dano á plantación.

Solo: mellores os lixeiros, algo areosos ou calizos, debéndose evitar os moi arxilosos e húmidos. O solo laborable será profundo e algo fresco, rico en humus, con un pH ácido entre 5, 5-6, é unha planta que tolera a salinidade.

Fertilización: para obter grandes rendementos esixe grandes doses de fertilizantes, o esterco botaráselle ben podrecido. O esterco de aves de curral debe ser empregado con precaución, polo seu alto contido en nitróxeno, fósforo e potasio.

Humidade: unha humidade relativa moderada é un factor moi importante para o éxito do cultivo. Unha humidade ambiental excesivamente alta favorece o ataque do mildiu, polo tanto  esta circunstancia terémola moi en conta.

Cultivo: Unha vez preparado o terreo, facemos os regos co motocultor, imos poñendo as patacas utilizando un marco de plantación 30 x 30 cm, si empregamos pataca enteira esta terá un tamaño como un ovo pequeno de galiña, as patacas máis grandes cortarémolas ao medio e ao largo, de xeito que cada metade leve algúns ollos ou xemas, a sección cortada botarémoslle cal apagada ou borralla. As patacas, ou pedazos, colocase no rego, non deben ir fondas, hai un refrán que di: “que as patacas teñen que ver ao dono, cando vai pa casa”. Cada horticultor, poñeraas a profundidade que el vexa conveniente. A época de plantación varía co clima. Nos facemos unha plantación no mes de marzo,  e outra no mes de abril. Nunca rego as patacas, sáchoas, e sácolle as herbas malas, cando as plantas empezar a coller unha cor amarela e empezan a secar é cando facemos a colleita.

Asociacións: allos, capuchina, apio, col, faba, xudías, chícharos etc.

Conservación: para que as patacas poidan conservarse ben, deben almacenarse nun lugar seco, ventilado, fresco e escuro.

Pragas e enfermidades: escaravello da pataca, insecto coleóptero  con corpo ovalado, este insecto destrúe as follas, brotes e tallos impedindo o desarrollo dos tubérculos. Llos recollo a man, non utilizo insecticidas.

Entre as enfermidades criptogámicas a máis temible e frecuente é o mildiu(Phytophtora infestans) fungo que ataca ao cultivo cando o ambiente é húmido e temperado. O tratamento debe ser preventivo mediante aplicacións de caldo bordelés o caldos cúpricos.

Da horta é a plantación máis importante! Somos bos consumidores de patacas, cocidas, e fritas son como máis nos gustan. Tamén as utilizamos para os animais.

Comenta grazas: