Pementa de pementos de Padrón

O resultado unha pementa doce, que ten moi boa pinta!

O resultado unha pementa doce, que ten moi boa pinta

Na horta galega, non poden faltar os pementos de Padrón, este ano tiña ganas de probar a facer a pementa con eles.

Deixei unhas poucas plantas de pementos de padrón sin sacarlle os pementos, para que estes medraran e maduraran na planta. Cando tiveron unha fermosa cor vermella, recollinos, e púxenos a secar ao sol. Logo abrinos ao medio, saqueille as sementes e rematei o secado na prancha da cociña de leña. Cada día os poñía con coidado de que non se me queimaran, hasta o seu secado total. Unha vez secos, moinos nun muíño de café, e gardei a pementa nun frasco de cristal, nun lugar seco e escuro.

Teño que dicir que aínda na probei, pero o ano pasado fíxena e regaleilla a miña nai, e gustoulle!

Na cociña a pementa usámola moito, cando facemos guisos, refritos, no adobo da carne de porco, allada etc..

Comenta grazas: