Pementos de Padrón

Uns pican e outros non!

Uns pican e outros non!

Pemento de Padrón: Pertence a familia das solanáceas. É unha planta anual, de tallo erguido. O froito é de cor verde, algúns pementos pican e outros non.

Fago a plantación a partir de maio,dependendo da climatoloxía. É  unha planta que quere calor para o seu desarrollo. Sendo temperaturas óptimas de 25º C a 35ºC. Tamén as planto en malla como veredes na foto.

Solo: Gústalle os solos lixeiros e fértiles, o exceso de nitróxeno na terra pode causar  que os pementos non florezan. O compost vaille ben. Ten que manterse limpo de malas herbas.

Exposición ao sol: As plantas de pementos gústalle o sol. Necesitan unha temperatura mínima de 19º na época da floración para que a planta poida producir froitos.

Marco de plantación:  Distancia entre plantas de 40 cm e distancia entre liñas 80 cm.

Rego: Non necesitan demasiada auga, o mesmo que as plantas de tomate, é preferible regalas non moi frecuentemente pero cando se reguen darlle un bo rego. Non se deben mollar nin as flores nin os froitos nin as follas.

A veces poñémoslle varas para protexelos do vento, e evitar que as plantas se rompan.

O pemento pode asociarse con distintos cultivos, algúns deles con unha función especifica:

  • La albahaca repele o pulgón dos pementos.
  • Algunhas plantas aromáticas ( romeu, lavanda, tomiño etc) son efectivas contra fungos, arañas e pulgóns.
  • Acelga, berenxena, espinaca, chícharos, leituga, allo porro, cenorias, tomate

Pragas: pulgón, utilicei xabón de potasa para atallalo.

Os recollemos días alternos, para que non sexan grandes, nin piquen.

Aínda temos pementos pero xa non están ricos!!  No mes de novembro arranquei as plantas.

Recollín a semente das plantas, de meu pai. As nosas plantas, algunhas picaban, e quero plantas que non piquen. Pois teño pensado facer pementa cos pementos de Padrón, para o vindeiro ano.

Comenta grazas: