Pementos morróns

plantación de pementos morróns

plantación de pementos morróns

No mes de febreiro fago a sementeira,  coa semente  que recollín no verán dos mellores pementos.

Utilizo unha caixa, que  coloco nun sitio abrigado e onde lle de o sol, necesitan unha temperatura de 15º para xerminar.  En maio empezo a transplantar as primeiras plantas na horta, cando teñen un tamaño de 15 cm., o terreo xa está preparado, e ca malla posta, para que no nazan as malas herbas. Unha vez plantadas as plantas, faremos o primeiro rego, para que as raíces se agarren á terra. A distancia entre planta será de 40 cm. ou máis.

Solo: Rico en materia orgánica.

Clima: Non soporta as xeadas, clima temperado, é unha planta que necesita moita luminosidade.

Rego: Frecuente pero en pequenas cantidades.

Asociacións: Con alfábega (albahaca), allos, cebolas, cenorias e perexil. A alfábega e o perexil, repelen insectos.

Pragas: Atácalle o pulgón. Utilizo o xabón de potasa.

Cando as plantas empezan a botar os pementos, poñémoslle unhas varas, para atalas e evitar que rompan co peso.

Imos recolléndoos cando teñen a cor vermello, ou si teñen moita carga as plantas.

Este mes de Nadal, recollerei os últimos pementos e arrancarei as plantas.

Os que non consumo, conxeleinos, para utilizalos ao longo do ano.

Na cociña, para min, son moi apreciados. Nos guisos, asados, ao forno, no sofrito da empanada, cocido, recheos etc..

Comenta grazas: