Preparar as pipas de xirasol

Xirasoes recolleitados para o seu desgranado.

Xirasoles recolleitos para o seu debullado.

Recollemos os xirasoles, cando teñen unha coloración amarela. Empezamos a recoller os primeiros a finais de agosto e principios de setembro.

Preparación das pipas:

  1. Debullamos os xirasoles, para facer este traballo utilizaremos uns guantes un pouco fortes, para non danar as mans.
  2. Unha vez que temos as pipas, hai que pasalas pola peneira, para limpar as impurezas.
  3. Póñoas ao sol a secar un par de días.
  4. Preparo unha auga ben salgada, eu por cada litro de auga bótolle 100grs de sal, meto as pipas nesa auga, e vou revolvéndoas para que se vaian mollando todas. Déixoas que estean un pouco nesa salmoira.
  5. Vólvoas a poñer a secar ao sol, ata que a cascara estea ben seca.
  6. Tóstoas no forno eléctrico a 150º, ata que a pipa estea tostada, como as compradas.
  7. Unha vez frías, meto as pipas en botes de cristal, e cerro ben os botes para que non collan humidade. Consérvanse moi ben. Gardo os botes en caixas de cartón, nun lugar seco.
  8. O mellor sen dúbida é comelas!!

 

Comenta grazas: