Allo porro

O allo porro, dálle moi bo sabor as sopas.

O allo porro, dálle moi bo sabor as sopas.

Fago a sementeira, a partir de marzoCando as plantas teñen un tamaño de 15cm, fago o transplante. Coloco as plantas en liñas e entre planta deixo unha separación de 10cm.

Clima: É unha planta rústica que se adapta ben. É bastante resistente ao frío, aínda que prefire climas temperados e suaves e unha boa humidade relativa ambiental.

Solo: Gústalle a terra ben cavada , rica en humus, fresca e solta. Non se dan tan ben, en terras pesadas, compactas o endurecidas.

Abonado: Non tolera o compost nin o esterco fresco. Podemos cultivalo a continuación de outro cultivo ao que lle fixeramos un bo aporte de compost o esterco. Venlle ben o purín de ortiga como abono nitroxenado.

Rotacións: É unha planta de ciclo largo polo que  non debemos volver a plantala no mesmo lugar hasta tres ou catro anos.

Asociacións: Con cenorias, apios, fresas e tomates. Non fai boas migas con xudías, chícharos, coles, leitugas, remolachas.

Antes da recolección, incorporo terra aos allos porros, para que branqueen.

Propiedades: É unha planta moi sá e nutritiva, que deberiamos usar máis. Ten propiedades antisépticas, dixestivas, expectorantes, laxantes e tónicas. Contén vitaminas A, B, C  e minerais.

Os emprego para facer sopas, guisos,  cremas etc..

 

 

Comenta grazas: