Repolo

Fermosa cabeza de repolo rizado

Fermosa cabeza de repolo rizado.

Repolo, pertence a familia das crucíferas, podemos ter repolo todo o ano na horta elixindo as variedades adecuadas.

Propiedades: ten múltiples propiedades, destacan polos seus efectos antianémicos, diuréticos, reconstituíntes, enerxéticos. remineralizantes, contén moitas vitaminas e minerais.

Clima: pódese cultivar en case todos os climas, aínda que prefire un clima suave, húmido con frecuentes choivas. É resistente as xeadas. Pódese cultivar preto do mar.

Solo: as coles adáptanse ben a case todo tipo de solo, aínda que prefiren os terreos pouco ácidos ou lixeiramente alcalinos, profundos, frescos e ricos en humus.

Fertilizado: tratase de plantas moi voraces e que esgotan a terra, polo que requiren un bo fertilizado de fondo con esterco ou compost xa descompostos. Non lle vai ben o esterco fresco, pódelle causar a hernia.

Rotacións: faremos rotacións de tres ou catro anos, deste xeito evitaremos que se creen cepas de nematodos, fungos o insectos especializados en atacar as coles.

Asociacións: os repolos enténdense ben con remolachas, xudías, leitugas, chícharos, patacas, apios, cebolas, tomates e moitas outras hortalizas. Plantas medicinais ou aromáticas que aloxan os parasitos das coles: ajenjo, melisa, menta, romeu e tomiño. Non se levan ben con fresas nin fabas.

Pragas: hernia da col, producida por un fungo, que afecta as raíces. Bolboreta da col e pulgón da col.

Gústame moito no cocido, con bacallau, ou ovos.

Comenta grazas: