Rotación de cultivos

 

Rotación por familias y rotación tipo vexetativo.

Rotación por familias e rotación tipo vexetativo.

A rotación de cultivos é o piar básico da agricultura ecolóxica e unha das claves da programación dos cultivos na agricultura ecolóxica. É unha práctica que temos que aplicar na nosa horta.

Definicións:

  • Rotacións: A rotación de un cultivo defínese como a disposición dos cultivos no tempo.
  • Asociacións: Sería facer coincidir no espazo e no tempo, máis dun cultivo.

Vantaxes que achega a rotación de cultivos:

  • Mellora a fertilidade do solo. Por exemplo: as leguminosas (xudías, chícharos, fabas…) fixan o nitróxeno atmosférico mediante os nódulos que posúen nas raíces, deixándoo dispoñible para posteriores cultivos que carecen de nitróxeno (patacas, espinacas).
  • Córtase o ciclo de pragas, enfermidades e malezas. Establecéndose un equilibrio biolóxico.
  • Redúcese o uso de maquinaria, o que implica un menor gasto de enerxía.

Cando planificamos os cultivos e as súas rotacións teremos en conta o consumo real. Do contrario teremos de sobra en ocasións e non teremos noutras. É moi importante facer plantacións graduadas.

A rotación consiste en alternar na mesma zona da horta plantas distintas. Teremos en conta os tipos de hortalizas que hai e as súas necesidades nutricionais. As hortalizas poden ser: Hortalizas de flor ou froito, onde utilizamos para a nosa alimentación os órganos florais e o froito, como coliflor, xudía, tomate ou pemento, necesitan abundante Potasio (K). Hortalizas de folla, como espinaca, leituga, col ou acelga necesitan abundante Nitróxeno (N). E as hortalizas de raíz, das que consumimos a parte enterrada, como cenorias, remolacha, cebola ou apio, necesitan absorber abundante Fósforo (P).

Tendo en conta estes conceptos, cando fagamos os bancais, onde puxemos hortalizas de flor ou froito ao ano seguinte poñeremos hortalizas de folla. Onde puxemos hortalizas de folla poñeremos hortalizas de raíz e no bancal que había hortaliza de raíz poñeremos hortaliza de flor ou froito.

Nas rotacións intelixentes se rotan especies con sistemas radiculares distintos para que consuman cada unha o que outras non consumiron.

As rotacións deberán facerse entre especies, entre familias e entre tipo vexetativo, isto último quere dicir que alternaremos unha planta de froito, por exemplo tomate, con unha de folla, por exemplo leituga e estas con unha de raíz, por exemplo a cenoria.

Deberemos ter en conta a esixencia de fertilización do cultivo, xa que isto determinará a disposición dos bancais e a súas rotacións.

MOI ESIXENTES: Solanáceas(pataca, berenxena, tomate, pemento). Cucurbitáceas(cabaza, cabaciña, melón, sandía, cogombro). E crucíferas(coliflor, coles, repolo, nabo, ravo).

ESIXENCIA MEDIA: Compostas(leitugas, escarolas). E quenopodiáceas(acelgas, espinacas, remolacha).

ESIXENCIA MODERADA: Liliáceas(allo porro, cebola, allo, espárrago). E umbelíferas(cenorias, perexil, cilantro, apio, fiúncho).

BAIXA ESIXENCIA E MELLORABLES: Leguminosas(xudías, fabas, chícharos).

Un exemplo de 4 bancais seria o seguinte:

Teriamos que ir rotando e pasando de máis esixencia a menos esixencia de xeito que o que cultivamos no bancal 2 pase ao bancal 1, o do bancal 3 ao bancal 2, o do bancal 4 ao 3 e o que cultivamos no bancal 1 ao 4. Quedaría deste xeito:

Rotación de cultivos

ROTACIÓN POR FAMILIAS BOTÁNICAS

 

 

 

 

Comenta grazas: