Salsa de tomate caseira

Salsa de tomate, feita cos tomates, de horta galega.

Salsa de tomate caseira, feita cos tomates, da horta.

Salsa de tomate

Tódolos anos, cos ingredientes que temos na horta, facemos unha rica salsa de tomate. Deste xeito aproveitamos os tomates, xa que a salsa pódese facer tanto cos tomates frescos, como cos conxelados.

Ingredientes:

  • Tomates maduros 1 Kg.
  • Allos, 5 dentes grosos.
  • Cebola 100g.
  • Alfabega (albahaca) fresca picada 1 culler pequena.
  • Pemento morrón de cor vermello 100g.
  • Perexil fresco picado 1 culler pequena.
  • Aceite de oliva 1 culler.
  • Sal a gusto.
  • Azucre 1 culler pequena.

Preparación:

  1.  Lavamos os tomates e os pelamos, para pelalos, os somerxemos nunha tarteira con auga fervendo durante 10-20 segundos dependendo do tamaño dos tomates, sácanse da tarteira e pásanse por auga fría, deste xeito a pel sacáselle moi ben.
  2.  Picamos a cebola, e o pemento, cortamos en pedazos os tomates. Si temos trituradora poñemos os ingredientes nela e os trituramos.
  3.  Botamos todo nunha tarteira e o poñemos ao lume hasta que o líquido sea parcialmente evaporado.
  4.  Rematada a cocción, botarémoslle o aceite, o allo machacado, o perexil, a alfabega, o sal e o azucre, mesturando ben. Cando está morna pásoa polo chino.
  5. Poderase conservar a salsa de tomate no conxelador, en caixas de plástico ou botes de cristal.

Esta, é unha das moitas receitas de salsa de tomate, teño tódolos ingredientes na horta e é unha maneira de aproveitalos. Usamos moito a salsa de tomate na cociña, teño que dicir: que cando estás afeita a salsa de tomate caseira, as compradas poucas veces che gustan.

Recomendase o uso frecuente de tomates frescos ou cocidos, por exemplo en ensaladas ou en forma de salsas, para obstaculizar a acción dos radicais libres e para previr algunhas formas de cáncer. Contén un carotenoide, el licopene, potente antioxidante indicado na prevención do cáncer de próstata, de útero e de páncreas.

Animouvos a que consumades tomates!

 

Comenta grazas: