Sistema de bancais
Cada horticultor elixirá o sistema de bancais,que máis lle conveña, tendo en conta as características da súa horta, a terra, o clima e os cultivos que desexe realizar.
Os bancais elevados, son bos para as zonas temperadas e húmidas, onde a auga do rego non é un problema pero si o é o asolagamento por exceso de choivas. Outra das súas ventases é que facilita as labores nos mesmos, xa que hai que agocharse menos que nos bancais planos ou fundidos e permiten posturas de traballo bastante cómodas.
Decántome polos bancais elevados, sobre todo no inverno. Cada quen fará os bancais, adaptándose a súa horta e a os seus gustos. Vou dar unhas medidas para ter unha orientación- 120 cm., de ancho, unha altura entre 30 e 50 cm., e uns corredores entre bancais de 50 a 60 cm., de ancho. A súa lonxitude non convén que supere os 6 metros.
Tamén podemos facelos a ras do chan ( ideais en zonas secas) terán unha anchura de -150 cm.-, na parte central se poñerán uns ladrillos ou pedras, para apoiar os pes e non pisar a superficie cultivada.
CONSTRUCIÓN DE BANCAIS ELEVADOS
- Dámoslle unha cavada profunda ao terreo que imos dedicar a facer os bancais. Antes de cavar, podemos estender compost para que se mesture ca terra, aínda que e mellor o compost na superficie (sin mesturar ca terra).
- Marcamos as medidas dos bancais, procurando que non excedan os 120 cm. de ancho e deixando un corredor como mínimo de 50 cm. A súa lonxitude estará entre os 4 e 6 m.
- Ca pala colleremos a terra dos corredores e botarémola sobre os bancais, que poderán ter unha altura entre 25 e 50 cm.
- Dáselle forma aos bancais e angazase depositando as pedras e terróns nos corredores. Despois desta operación o bancal sole ter entre 105 ou 110 cm., de ancho na parte superior.
- Estendemos de 2 a 4 cm. de compost e instalamos sobre el as mangueiras de rego por goteo interlineal -goteos cada 33cm.- ou mangueiras de exsudación.
- Os bancais están listos para plantar, teremos en conta ao transplantar cas raíces queden cerca das goteiras. Convén acolchar os bancais con palla para evitar a evaporación da auga e que non saian as malas herbas.
Aínda que pareza que facer todo isto é moito traballo, hai que ter en conta que xa quedan feitos para sempre. Cando cambiemos de cultivo, apartaremos a palla, agregaremos compost e volveremos a plantar sin remover a terra. Cando sementemos leguminosas – fabas, chícharos, xudías..- e raíces – cebolas, allo porro, allos..- non será necesario engadir compost.
Moveremos a terra, cando cambiemos de cultivo e a terra estea compactada por non ter acolchado e estar exposta a fortes choivas.
A fertilización en verde – con vezas e fabas forraxeiras – cada dous a tres anos, ou nos bancais que queden libres no outono, mellorará a estrutura en profundidade e fertilizará de xeito natural.
Fago bancais, pero ao rotar a horta cada ano, ao ano seguinte desfanse ao pasar o tractor. Oxalá! Algún día a miña horta sexa deste xeito, gústame o sistema de bancais, de feito o recomendo a xente, penso que si seguimos os pasos, traballar a horta pode ser moito máis agradable.
Bou poñer os bancais dos meus veciños Pepe e Candita, eles teñen un fermoso xardín, e nel integraron dous bancais, que ademais de quedarlle moi ben!! Desfrutaron moito cas hortalizas, que neles plantaron.