Sobre min

Autora do blog

Chámome María Luísa, sempre tiven preto de min, horta, viñedos e animais. Penso que este ambiente inflúe para que che guste ou non!

No meu caso a horta gústame e máis comer os ricos froitos con que ela nos agasalla.  Estou afeita a recoller as hortalizas, no momento que as vou consumir, deste xeito, son máis ricas en minerais e vitaminas, ademais de ter un sabor incomparable.

No ano 2.010, meu sogro enferma, entón o meu home e eu, decidimos poñernos ao fronte do traballo da horta. Sempre lles axudabamos aos meus sogros, nas tarefas que necesitaban máis man de obra. Pero agora somos nos os responsables!  Eu tiña moi claro a horta que quería poñer en práctica.

  • Unha horta ecolóxica e sostible.
  • Que conservara a biodiversidade.
  • Cun control das malas herbas.
  • Cun control das pragas.
  • Onde houbera un equilibrio entre traballo e pracer.
  • Que garanta os recursos as futuras xeracións.

Estamos a traballar para conseguilo e facer participes a todos aqueles que o desexen. Entón seguindo os consellos de algunhas persoas, nace a idea de facer o blogue. Teño que dar as grazas ao meu fillo Brais que fixo o deseño e mo ensinou todo, para que eu puidera facer o meu sono realidade.

Síntome moi contenta, cando a xente me escribe, dicindo que lle gusta o blogue, e o mellor! Que lle serve de guía, xa que queren facer horta ecolóxica. O obxectivo deste traballo e axudar e animar a quen nunca fixo horta, a que probe! Pois, o traballo merece a pena!

Son unha biocultivadora, este é o nome que me deron na presentación do blogue o día 8 de marzo de 2.013.” Día da muller traballadora” no auditorio de Valga. Era a primeira persoa da aldea que facía un blogue sobre os cultivos da horta. Dar a coñecer a xente de onde vivo o meu traballo, fíxome moita ilusión!

Ponte en contacto comigo se tes algunha pregunta, dúbida, suxestión ou calquera cousa que se che pase pola cabeza nese intre:

Comenta grazas: