Soia

Soia, é o primeiro ano que a planto.

Soia, no 2.012 foi o primeiro ano que a plantei.

A soia, pertence a familia das leguminosas. A súa orixe esta no Estremo Oriente ( China, Xapón, Indonesia) .

Planta herbácea anual, de primavera- verán, o seu ciclo vexetativo oscila de tres a sete meses. Ten tallo ríxido e erecto, pode chegar a medrar de 0,4 a 1,5 metros,  dependendo da variedade. O froito é unha vaina que conten de tres a catro grans, son de cor amarela.

Solo: Non é moi esixente en nutrientes, desenvolvese ben en solos neutros ou lixeiramente ácidos. É sensible aos  asolagamentos.

Clima: As temperaturas óptimas para o seu desarrollo están comprendidas entre os 20º e 30ºC. As temperaturas óptimas para a sementeira oscilan entre 15º e 18ºC e os 25ºC para a floración.

Preparo o terreo, como para plantar millo. No mes de maio, é cando a semento. Fago unhas liñas separadas de 50 -60 cm, nelas fago unhas cavadas pouco profundas, nas que boto de dúas a tres sementes. Si se planta moi basta, deitárase por mor do vento, a auga,etc.

Pragas e enfermidades:  Pulgón, araña vermella, rosquilla negra. As enfermidades son causadas por fungos do xénero Fusarium, Rhizoctonia..

Levo dous anos plantándoa, e teño que dicir, que no me colleu ningunha enfermidade ni ma atacou o pulgón.

Recolección: Ao iniciarse a maduración as follas comezan a poñerse de cor amarela e despréndense da planta, quedando soamente as vainas, estas están maduras, cando teñen unha cor marrón.

Recollín unha pouca en verde, desganeina e metina no conxelador.

Propiedades: A soia é un alimento moi nutritivo que concentra proteínas de alto valor biolóxico. Destaca polo seu contido en fibra. En comparación co resto de legumes, a soia achega maior cantidade de calcio, ferro, iodo, magnesio, potasio e fósforo, ademais de ácido fólico e outras vitaminas como B1, B2, B3, B6. Estudos científicos poñen de relevo que a soia e os seus derivados, ricos en isoflavonas, desempeñan un papel beneficioso para paliar ou tratar os síntomas asociados á menopausa. É boa para o corazón e os osos.

POTAXE DE SOIA CON ESPINACAS E PATACA

Como non tiña espinacas, usei nabicol, que é unha verdura que teño na horta, no outono e inverno.

Como non tiña espinacas, usei nabicol, que é unha verdura que teño na horta, no outono e inverno.

Ingredientes:

  • 200g de soia verde
  • 250g de espinacas
  • 1 cenoria
  • 2 patacas
  • 3 dentes de allos
  • 1,5l de auga ( ou caldo de verduras sen sal)
  • 40 ml de aceite de oliva
  • Un chisco de sal

Como se elabora:

Cortar a cebola en cadrados moi finos e refogar nunha cazola. Cando se comece a dourar, engádense as espinacas (limpas de terra e lixeiramente toradas) e a soia (logo de lavaba ben) e, a continuación, cóbrese todo con auga. Cocer durante trinta e cinco minutos a lume medio.

Despois, engadir a pataca e a cenoria pelada e cortada en cadrados e deixar cociñar o conxunto durante vinte minutos.

Para finalizar, elabórase un refrito con seis culleradas de aceite de oliva e os dentes de allo pelados e cortados en láminas. Agregar o refrito ao potaxe poñer a punto de sal e servir quente. É un potaxe moi san, ao día seguinte aínda está máis rico!

 

Comenta grazas: