A solarización

solarizacion

La solarización, un método ecolóxico.

O solo da nosa horta, ao ser cultivado reiteradamente aumenta as poboacións de fungos que viven no solo (fusarium, verticillium, rhizoctonía, pythium) que parasitan as raíces. De nematodos (vermes microscópicos que parasitan as raíces) de malas herbas… Polo tanto, cada 3 ou 4 anos, recomendase desinfectalo.

Para desinfectar os súelos, hai produtos químicos, pero existe un método ecolóxico de desinfección chamado solarización, que ofrece unha gran eficacia e está permitido en agricultura ecolóxica.

La solarización é unha técnica que permite quentar suficientemente o terreo como para terminar coas sementes de malas herbas e insectos que destrúen os nosos cultivos da horta. Grazas  a este proceso de desinfección da terra, podemos rematar coas larvas e vermes  que se alimentan das nosas plantas, eliminar fungos causantes de enfermidades e nútrese a terra de organismos beneficiosos para o desarrollo das plantas.

A técnica é sinxela: Hai que labrar a terra, regala de xeito abundante e cubrila cun plástico para que concentre a calor. Para que sexa efectiva a solarización é importante cas temperaturas sexan altas e que o sol incida directamente sobre o terreo, a época mellor para facela é no verán.

Poderíase dicir ca solarización actúa casei como un invernadoiro, absorbendo o calor, manténdoo, e potenciándoo dentro do plástico. A calor do sol non solo se nota na superficie, tamén metese no súelo, hasta medio metro de profundidade. Deste xeito, as larvas, sementes, e fungos que non soportar a calor morren, quedando a horta libre de moitas pragas e enfermidades. A actuación do sol sobre a terra, quentándoa durante días, dálle un aporte de nitróxeno, calcio e magnesio, moi importante para o desarrollo das plantas. As sementes xerminan e medran máis rápido nos terreos  solarizados.

Modo de facer a solarización:

– Primeiro retiraremos as malas herbas e restos vexetais, como follas, tallos ou raíces.

– A continuación airearemos ben a terra, labrándoa, retiraremos as pedras grandes si as houbera.

– Pasaremos o angazo para nivelar o terreo.

– Regaremos ben o terreo hasta quede ben mollado. Debemos empapar ben a terra, hasta unha profundidade de, 40 cm.

– Ao derredor do terreo cavaremos rejos de uns 20 cm de profundidade.

– Taparemos cun plástico transparente fino ( polietileno, por exemplo, que non supere os seis mm. de grosor). O plástico ten que quedar ben estirado, e nos regos introduciremos os extremos, que quedarán enterrados para que non escape o calor.

– Deixase actuar durante catro semanas. Todo depende da calor que faga: Si non temos un verán moi caloroso debemos estender o proceso unha ou incluso dúas semanas máis. Outra opción para os lugares onde os verán sexan suaves ou, cando o tempo sexa moi nubrado durante todo o estío, é recubrir con dúas capas de plástico, xa que así con seguimos potenciar a calor ( a temperatura aumenta con dous plásticos uns seis graos centígrados máis).

Esta información, é dos cursos de agricultura ecolóxica que fixen. Eu na practiquei! Pero paréceme unha técnica interesante!!  As fotos as baixei de internet.

Comenta grazas: