Tomate amarelo

 

Tomate amarelo

Tomate amarelo, máis doces e suaves cos vermellos.

Tomate amarelo, chaman bastante a atención, cando un está afeito a ver sempre os tomates de cor vermello. Mos regalaron e a verdade e que non sei quen! Aínda que creo que foi a miña veciña Valentina. Polo que si nace a semente que recollín deles, para o próximo ano 2016 en horta galega teremos tomates amarelos. Sorprendinme bastante ao velos, xa que de cor amarela e de tamaño grande nunca os había visto, si vin de cor amarela os cherry nos supermercados.

Son uns tomates saborosos, suaves e máis doces que os vermellos pero sempre dentro dos matices que ofrecen os tomates.

Os primeiros tomates que se cultivaron en Europa non son os que coñecemos de cor vermella, sino curiosamente foron os de cor amarela, de aí cos italianos lle dirán o nome de pomodoro (mazán dourada).

Unha desvantaxe deste tomate é que non contén un carotenoide, el licopeno, antioxidante que axuda a reducir os riscos de algúns cancros, osteoporose e enfermidades cardiovasculares. Son unha boa fonte de vitaminas A e C. Esta perdese na cocción. Aconsellase o uso frecuente de tomates frescos ou cocidos, por exemplo en ensaladas ou en forma de salsas.

No  2.016 horta galega tivo a primeira colleita de tomates amarelos. Estou encantada con esta nova variedade, son máis suaves e doces cos de cor vermello e dan unha cor amarela moi vistosa as ensaladas. Cando os enxeño a xente non cree que sexan tomates. De feito tiña plantas de tomate amarelo e os veciños non se animaron a plantalos. O descoñecido sempre da un pouco de respecto.

Fixen unha rica ensalada, onde mesturei os suaves tomates amarelos cos cherry, queixo galego e mazá, aderezada: con aceite de oliva virxe,  vinagre balsámico e sal.

A ensalada de tomate amarela, é suave e atractiva.

A ensalada de tomate amarelo, é suave e atractiva.

Comenta grazas: